Novas recentes
Os compromisos acadados levaranse ao pleno do 31 de marzo // A concelleira Lorena Couso solicita a colaboración de todos os axentes locais para mellorar a atención ás vítimas // Padrón levará ao vindeiro pleno ordinario do 31 de marzo a constitución das mesas locais contra a violencia de xénero, logo de que o venres pasado se desenvolvese a derradeira das xuntanzas que serviu como toma de contacto entre todos os axentes locais implicados directa ou indirectamente na loita contra a violencia machista. Estas reunións de traballo, iniciadas no ano 2020 e que quedaran interrumpidas polas Covid, retomáronse no presente…
O orzamento para gastos sociais ascende a algo máis de 61.000 euros // Os investimentos financeiramente sostibles do Plan complementario superan os 300.000 euros // As maiores partidas dedícanse ao acondicionamento de camiños e pistas nas parroquias // O Pleno da Corporación de Padrón aprobou na sesión do xoves a relación de obras e gastos a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación (POS+) por un montante total de 251.044,75 euros, aos que hai que engadir preto de 61.000 euros para gasto social extraordinario do POS+ Adicional e outros 307.000€ do POS complementario. Dos 251.000 euros dedicados a…
O Mes de Rosalía acolle presentacións de libros, concertos e obras teatrais // O propio día 23, unha nova sesión de Tertulias Clandestinas dará a coñecer as facetas máis descoñecidas da vida da cantora do Sar // O alumnado dos colexios e dos institutos padroneses plantará fillos da figueira da Casa da Matanza nos seus centros // A estrea da peza musical Caldo de Gloria e a Gala Rosalía Foliadeira pecharán os actos conmemorativos // O Concello de Padrón celebrará o Día de Rosalía cunha intensa programación cultural que encherá de actos a semana que vai entre o venres 18…
O creador de Pistacatro Pablo Reboleiro gaña a vixésimo primeira edición do Premio Maruxa Villanueva
O xurado recoñece a súa traxectoria como impulsor do novo circo galego e destaca a súa actuación multidisciplinar no espectáculo ‘Drop’// O creador e director artístico da compañía Pistacatro, Pablo Reboleiro Rama, converteuse hoxe no gañador da vixésimo primeira edición do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva. O xurado valorou a traxectoria de Pablo Reboleiro como un dos grandes impulsores da renovación do circo en Galicia e, en especial, o seu papel no espectáculo Drop, “onde exhibe a capacidade de hibridación do circo contemporáneo, botando man da tradición dos malabares á par doutras disciplinas artísticas”. O xurado salienta ademais que…
Martina López e Arturo Domínguez foron os mellores padroneses desta proba que xuntou a case 600 atletas en todas as categorías || Manuel Cruces Prado, de 78 anos, foi o de máis idade, e Elvira Tresguerras quen pechou a entrada na meta || O triatleta galego Uxío Abuin deu o pistoletazo de saída || Correron 40 pitufos e houbo grande participación nas categorías escolares || Consulta neste enlace a galería de imaxes da XIX Padrón 10K (preme aquí) Tina Fernández Barreiro, do Club Atletismo Sar, e Pablo Miguel García, do Athletics San Lázaro, foron os gañadores na decimonovena edición da Padrón 10K que…
Limitacións entre ás 16.00 e as 19.00 horas ao tránsito rodado e de estacionamento nesta zona e na contorna do Espolón // Na proba están inscritas 300 persoas adultas e máis de 250 escolares // As saídas faranse de forma gradual dende as catro da tarde, coa dos pitufos, ata as cinco e media, coas categorías absolutas // A décimo novena edición da Padrón 10K vai reunir mañá a preto de 600 atletas de diferentes categorías a partir das catro da tarde. Por este motivo, e para garantir a seguridade das persoas participantes, o Concello anuncia que haberá restricións de…
As persoas interesadas poden recibir ata 25.000 euros en achegas e teñen ata o 30 de setembro para pedilas// As axudas á rehabilitación de vivendas nos concellos situados na Área de Rehabilitación Integral (ARI) do Camiño de Santiago poden solicitarse desde hoxe. A Xunta de Galicia vén de publicar as bases da convocatoria no DOG e as persoas interesadas poderán obter unha axuda de ata 25.000 euros por inmoble. As obras de mantemento para adecuar os edificios á normativa vixente, aquelas coas que se mellore a eficiencia enerxética das vivendas, así como as que adapten as condicións de accesibilidade son as…
A proba desputarase o sábado con saída e meta no Campo do Souto padronés // A saída farase de forma gradual e abrirán a xornada deportiva os pitufos ás 16.00 horas // A proba absoluta para as distancias de 5 e 10 quilómetros comezará ás 17:30 horas // O vindeiro mércores 2 de febreiro pecharase o prazo de inscrición para participar na 10K de Padrón, que chegará o sábado á súa décimo novena edición. Coas 300 prazas para persoas adultas xa esgotadas, as inscricións continúan abertas unicamente para escolares (dende pitufos a sub 16) na páxina web de Emersports. A…
Foi inaugurada esta mañá na praza Ramón Tojo polo alcalde, o presidente da Fundación Rosalía e o secretario xeral de Política Lingüística // Repasa a historia da Casa-Museo e lembra o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar o edificio en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas // O alcalde de Padrón, Antonio Fernández; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; e a concelleira de Cultura, Lorena Couso, inauguraron esta mañá a exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía. A…
O Padrón Xacobeo e a Pedronía foron algunhas das iniciativas polas que se interesaron // Michelle Fridman, secretaria de Turismo de Yucatán (México), e Marystella Muñoz, directora de promoción e feiras especializadas, visitaron esta mañá Padrón coa idea de obter información sobre o desenvolvemento e a organización do Camiño de Santiago para pór en marcha no seu país o Camino Maya. Lorena Couso, concelleira de Turismo de Padrón, recibiunas na Casa Consistorial e aproveitou para falarlles do Padrón Xacobeo e da promoción da Pedronía. As responsables de turismo da península mexicana do Yucatán estaban sobre todo interesadas en coñecer o…