Novas recentes
Os integrantes da banda e a veciñanza agradecéronlle o seu traballo nos últimos quince anos || “Se algo nos deixas é un gran futuro por diante que espero que sexa exitoso para ti como non me cabe dúbida que tamén o será para a banda”, subliñou o alcalde de Padrón || Ademais de Anxo Arca, participaron na despedida a primeira tenente de alcalde, Chus Campos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Fundación Rosalía de Castro e académico da RAG, Anxo Angueira; ou Iván Estévez, presidente da Federación Galega de Bandas || Braulio Cao pechou a…
O Centro de Información á Muller atendeu un total de trinta e unha mulleres vítimas da violencia machista nos últimos tres anos// O Concello de Padrón publica hoxe un vídeo con testemuñas reais de tres mulleres da localidade vítimas de maltrato, que puideron reconducir as súas vidas logo de denunciar aos seus agresores o recibir o apoio de profesionais especializadas en violencia de xénero como as que traballan no Centro de Información á Muller Terras de Iria. Desde o ano 2020, o CIM localizado en Padrón atendeu un total de trinta e un novos casos de violencia machista. No audiovisual,…
O alcalde de Padrón, Anxo Arca, resaltou a colaboración entre administracións e empresas para darlle unha oportunidade laboral a persoas desempregadas || Formáronse 107 homes e mulleres dos concellos de Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures, Rianxo e Valga || O secretario territorial da Xunta resalta o triple obxectivo dos PIE: favorecer a aprendizaxe, a cualificación e a adquisición de experiencia laboral entre o alumnado || A Consellería de Promoción do Emprego financiou este programa con 250.000 euros || Os seis alcaldes agardan a concesión do novo programa de formación || O Programa integrado de emprego (PIE) no que se estiveron…
O certame busca enxalzar a beleza do patrimonio arquitectónico da vila e dinamizar a participación activa do comercio, da hostalería e da restauración Repartiranse 800 euros en premios para consumir nos establecementos locais A inscrición está aberta ata o 1 de decembro e as creacións quedarán expostas do 12 de decembro ata o 6 de xaneiro O Concello de Padrón convoca a cuarta edición do concurso Nadal na Rúa co obxectivo de animar á veciñanza a decorar os balcóns, ventás, escaparates, fachadas, xardíns ou elementos exteriores do rueiro de todo o municipio padronés, tanto no seu casco histórico coma…
O alcalde de Padrón lembra o papel da actriz santiaguesa nalgunhas das series máis populares emitidas en TVG || O xurado valorou o “dominio actoral da comedia a través do manexo do ritmo e dos tempos, así como da oralidade da lingua” da galardoada || Patricia Vázquez recolleu o premio antes de representar no auditorio municipal ‘O porco de pé’, da que é protagonista || O alcalde de Padrón, Anxo Arca, entregoulle hoxe a Patricia Vázquez o Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, a que cualificou como “un referente no mundo do teatro e…
Anxo Arca, alcalde de Padrón, defendeu o galego como lingua europea, remarcando os valores fundamentais da Unión Europea O proxecto, aprobado pola Comisión Europea, foi o único seleccionado e conta coa representación de 16 países europeos Os temas a tratar centráronse no benestar animal, na inclusión social e nas accións en prol da igualdade real O Concello de Padrón participou en Bordeos (Francia) no segundo evento do proxecto europeo “Reforzando a identidade europea en tempos de crise” (Strengthening european identity in times of crisis) aprobado pola Comisión Europea dentro do programa CERV (Cidadáns, igualdade, dereitos e valores) 2021-2027 .…
A compostelá ve recoñecido con este galardón o seu traballo na produción ‘O porco de pé’ así como a súa longa traxectoria sobre as táboas e ante as cámaras. O acto de entrega levarase a cabo no auditorio municipal a partir das 19.00 horas O alcalde de Padrón, Anxo Arca, entregará este sábado 28 de outubro a Patricia Vázquez o Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva no auditorio municipal de Padrón. O acto coincidirá coa representación da obra O porco de pé, de Excéntricas Producións, da que é protagonista a actriz santiaguesa, que ve recoñecido con este galardón tanto o…
A praza de Macías acollerá unha tarde chea de actividades con obradoiros de decoración de cabazas, pintacaras e ‘disco monstruosa’ A partir das 19.00 horas, repartiranse castañas de balde O Concello de Padrón organiza o vindeiro martes 31 de outubro unha gran festa de Samaín e de magosto á que convida a toda a veciñanza. Na praza de Macías sucederanse as actividades e as propostas nun programa que comezará ás 17.00 horas cun obradoiro de decoración das cabazas que os nenos e nenas leven das súas casas, e ata as 19.00 horas tamén haberá animación e postos de pintacaras para…
O Concello reafirma o seu compromiso coa cultura e as artes escénica galegas cun amplo programa de citas ao longo dos vindeiros tres meses O 'Porco de Pé', 'Esas cousas maravillosas' ou 'Invisibles' serán algunhas das pezas teatrais que sairán a escena no auditorio municipal A música será protagonista cos Festivais de Santa Icía, de Nadal e de Panxoliñas Patricia Vázquez recibirá o galardón como gañadora do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva o 28 de outubro O Concello de Padrón mantén o seu compromiso coa cultura e as artes escénicas galegas poñendo en marcha un ano máis o Outono…
O alcalde de Padrón recibiu esta mañá ao presidente da Deputación da Coruña na que supón a primeira visita institucional ao Concello nesta lexislatura Arca agradece a colaboración da Deputación “para levar á práctica todas as melloras e as novas instalacións que precisan os nosos veciños e veciñas, especialmente os máis mozos” Entre os proxectos que esta mañá se puxeron sobre a mesa destaca a creación de novas infraestruturas deportivas urbanas como un parque de skate e calistenia O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, analizaron os futuros proxectos nos que…
Galego
Español



