Novas recentes
Máis dun cento de persoas realizan o percorrido guiado pola vila coñecendo as historias de dez mulleres vencelladas ao municipio // O auditorio acolle os actos do 8M coa lectura dun manifesto, a proxección do vídeo ‘Sororidade’ e unha actuación musical // Antonio Fernández destaca o “potencial feminino” de Padrón // Lorena Couso valora “os logros das mulleres que temos máis preto e que tamén son un referente para as novas xeracións” // Preto de 120 persoas asistiron onte no auditorio de Padrón á homenaxe ás Rumorosas 2022, protagonistas da exposición de rúa coa que o Concello conmemora este ano…
A formación, dirixida a persoas desempregadas, desenvolverase entre marzo e agosto // Os interesados deberán acudir ao instituto o mércores 16 de marzo ás 10 da mañá // O IES Macías o Namorado acollerá entre o 28 de marzo e o 3 de agosto un curso de Montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial dirixido a persoas desempregadas e que estean en posesión do título de graduado en ESO ou equivalente. O curso, que consta dun total de 510 horas, permitirá desempañarse como instalador electricista industrial ou electricidsta de mantemento de reparación de equipos de control, medida e precisión.…
A mostra resalta a historia de vida de dez “rumorosas” nacidas ou residentes en Padrón O auditorio municipal acollerá os actos institucionais do 8M coa lectura dun manifesto, a proxección do vídeo ‘Sororidade’ e unha actuación musical Lorena Couso destaca o “carácter colectivo” dunha conmemoración protagonizada por numerosas veciñas Unha exposición urbana, disposta nas rúas de Padrón, prolongará os actos cos que o Concello de Padrón conmemora este ano o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. A inauguración da mostra será o primeiro evento dunha xornada na que se reivindicará a igualdade a través dun manifesto, un vídeo…
Seisrestaurantes do municipio elaborarán menús lampreeiros O Concello organiza actividades para todas as idades coas que coñecer mellor este produto singular da gastronomía padronesa O Convento franciscano de Herbón acollerá unha nova cita das ‘Tertulias clandestinas’ chegada da lamprea ao río Ulla polo mes de marzo, o Concello de Padrón organiza a oitava edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea. Seis restaurantes da localidade ofrecerán menús degustación coa lamprea como protagonista do 18 ao 27 de marzo, de venres a domingo. Ademais, o Concello padronés deseñou un programa de actividades culinarias, divulgativas e de ocio para promocionar a lamprea e a…
Trinta mozos e mozas de Malta, Hungría, Portugal, Italia, Illa de Martinica e España participan no encontro europeo “Igualdade de xénero en tempos da COVID”, do programa Erasmus Plus || Onte visitaron os atractivos turísticos de Padrón, o Centro de Información á Muller e as bodegas do Pazo de Arretén || O alcalde de Padrón destaca a necesidade deste tipo de accións que “fan medrar a conciencia europeísta entre a mocidade” || Trinta representantes de municipios, entidades educativas e asociacións procedentes de Malta, Hungría, Portugal, Italia, Illa de Martinica (Francia) e España fixeron onte parada en Padrón durante a visita…
A rapazada sorprendeuse cando viron aparecer os personaxes máis coñecidos dos debuxos animados || Numerosa presenza de familias no pavillón do Souto, que puideron moverse ao ritmo da música do DJ || Tatuaxes, pintacaras, globoflexia, doces e os hinchables estiveron moi concorridos durante toda a tarde || Os personaxes máis coñecidos por nenos e nenas das series de debuxos animados da televisión non quixeron faltar onte á festa infantil do Entroido que organizou o Concello de Padrón e que convocou a centos de persoas no pavillón do Souto. Durante toda a tarde pequenos e maiores participaron activamente…
Interpretárona por primeira vez íntegra a Banda de Música Municipal e o coro Gaos// Trátase dunha adaptación de Loliña Mosquera do poema ‘Miña casiña, meu lar’, que foi orquestrada por Braulio Cao// Raúl Andrade impulsou a iniciativa ao abeiro do Fondo Xacobeo// A concelleira de Cultura, Lorena Couso, reitera o compromiso de Padrón coa figura e a obra de Rosalía no peche dos actos polo seu aniversario// Cos numerosos asistentes postos en pé para aplaudir a peza musical Caldo de Gloria pecháronse hoxe ao mediodía os actos institucionais cos que o Concello de Padrón conmemorou este ano o Día de…
Os actos do Día de Rosalía remataron cun concerto do músico e bailarín Xisco Feijóo // As celebracións do Día de Rosalía por primeira vez o 23 de febreiro remataron en Padrón coa presentación no auditorio de O sal dos días, libro co que Rafa Vilar gañou o VII Certame poético Rosalía de Castro grazas “á súa estrutura, a súa coherencia temática ou a súa coidada lingüística”, tal e como subliñou no seu día o xurado e lembrou o alcalde no acto. Antonio Fernández incidiu no espíritu literario da vila padronesa e o esforzo do seu goberno por seguir impulsando…
Os concellos de Dodro, Padrón e Rois e a Fundación Rosalía de Castro presentaron hoxe este roteiro que se inaugurará oficialmente en maio cunha camiñada // Pasa por lugares aos que fai mención a escritora na obra ‘En las orillas del Sar’ // Unha ofrenda floral diante da estatua, a música dos Carapaus e poemas lidos por alumnado dos IES Camilo José Cela e Macías o Namorado completaron os actos oficiais celebrados esta mañá en Padrón // Rosalía nos camiños é o nome dunha senda amiga de 15 quilómetros, con saída e chegada no paseo do Espolón de Padrón e…
Formaranse en hostalería, metal ou téxtil, ademais de recibir orientación laboral e desenvolver habilidades sociais // As cen prazas repártense entre os tres concellos do Sar e Rianxo // O alcalde, Antonio Fernández, salienta a importancia da colaboración comarcal para a formación e a empregabilidade // Cen persoas desempregadas participarán ata novembro de 2021 na sétima edición do programa integrado de emprego dos concellos de Padrón, Rois e Dodro, aos que se une por vez primeira o de Rianxo. A impartición de contidos formativos en diversos campos, sesións de asesoramento laboral e prácticas en empresas serán algunhas das accións que…