Novas recentes
O Concello de Padrón alerta á veciñanza fronte a unha persoa que na tarde de onte se fixo pasar por empregado municipal para tentar entrar en vivendas de Carcacía coa escusa de organizar un curso municipal de seguridade nas vivendas do rural. O Concello de Padrón informa de que ese curso non existe e que tampouco non hai ningún empregado municipal percorrendo o rural do municipio, polo que pide á veciñanza que estea alerta, non facilite a entrada á vivenda a persoas que non acrediten debidamente a súa identidade e que, ante calquera dúbida, se poñan en contacto coas forzas…
O Concello de Padrón, a través do CIM Terras de Iria, ten preparada unha ampla programación especial para a semana do 22 ao 27 de novembro para conmemorar o 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Un programa que inclúe dúas sesións teatrais, dúas escape-room para crianzas, un contacontos... entre outras actividades. A programación abrirase o luns 22 de novembro, ás 19:00 horas, co acendido do alumeado de cor lila nos monumentos máis emblemáticos do concello. O martes 23 e o mércores 24 de novembro, ás 10:00 horas, programaranse dúas escape-room lúdicas-educativas contra a…
O alumnado de educación infantil do CEIP Flavia (Padrón) participou durante a semana pasada no obradoiro “Na mestura está a igualdade”, organizado polo Concello de Padrón, a través do Centro de Información á Muller, con motivo da conmemoración do 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha iniciativa que durante o pasado mes de outubro xa percorrera as escolas infantís de Queiruga, A Ponte e Retén. Como nesas edicións anteriores, o alumnado do CEIP Flavia, dividido en varias clases, elaborou unha árbore na que estamparon as súas mans violetas amosando que desexan respecto e igualdade para todas as persoas.
O Concello de Padrón convoca unha nova edición do “Nadal na rúa”, un concurso de decoración de nadal de balcóns, fiestras, escaparates, fachadas, xardíns e todo tipo de elementos exteriores e visibles dende a rúa de todo o municipio padronés. Un concurso aberto tanto a particulares como a empresas, que para participar só deberán anotarse de forma gratuíta na Oficina de Turismo de Padrón antes do mércores 1 de decembro. A concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, explica que o obxectivo do certame é “promocionar e enxalzar a beleza do rueiro e do patrimonio arquitectónico da vila de Padrón…
A actriz Rocío González recolleu o XX Premio de Interpretación teatral Maruxa Villanueva, que lle foi entregado esta fin de semana pola concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso. Un acto de entrega que tivo lugar tras a exitosa posta en escena de “Liberto”, pola compañía Rebordelos, coa que se abre a programación do Outono Cultural 2021 de Padrón. Rocío González amosouse “moi emocionada” durante a súa intervención, que comezou agradecendo ao Concello de Padrón “por terme concedido este premio pero, sobre todo, por seguir apostando polo teatro e axudar dalgunha maneira á nosa profesión, que é ás veces algo…
As xornadas gastronómicas “Saborea Padrón”, que reúnen a dez establecementos con 11 propostas culinarias, darán comezo mañá venres 5 de novembro, entre as 20:00 e as 23:00 horas. Durante catro días (5, 6, 12 e 13 de novembro) o público poderá degustar as 11 tapas dispoñibles, a un prezo de 2,5 euros cada unha, e concursar elixindo a súa tapa favorita. A concelleira de Turismo, Lorena Couso, agradece a participación dos hostaleiros locais e amosouse convencida de que “estas xornadas gastronómicas servirán para promover e poñer en valor a hostalería padronesa, que conta cunha grande calidade. Agardo que non so…
A posta en escena de “Liberto”, pola compañía Rebordelos, e a entrega do galardón do XX Premio de Interpretación teatral Maruxa Villanueva á actriz Rocío González abrirán este sábado 6 de novembro o Outono Cultural 2021 de Padrón. Un programa que inclúe un total de 16 espectáculos gratuítos, que terán lugar no auditorio municipal de Padrón durante os dous próximos meses. Todas as actuacións serán de acceso gratuíto, sendo preciso a recollida de entradas a partir do luns anterior ao día do espectáculo no centro social de Padrón, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A concelleira de Cultura, Lorena…
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, somete a información pública o anteproxecto de ampliación da estación de tratamento de auga potable da marxe dereita da ría de Arousa, no concello de Padrón. Trátase de actuar nas instalacións da rede de abastecemento en alta da marxe dereita da ría de Arousa, xestionadas desde o ano 2004 por Augas de Galicia, e que subministran auga aos concellos de Boiro, Catoira, Dodro, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira e Valga e Vilagarcía de Arousa. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución de…
As rúas Real e Tafona de Padrón acollen ata o vindeiro 10 de decembro a exposición “Matemáticas para un mundo mellor”, que foi inaugurada o pasado venres pola concelleira de Cultura, Lorena Couso Dopazo; a decana da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, María Elena Vázquez Cendón; e María Cristina Vilas Taboada, matemática padronesa colaboradora da Rede de divulgación matemática (DIMA). "Matemáticas para un mundo mellor" é unha exposición temporal que poderá visitarse nas rúas Real e Tahona. O seu obxectivo é resaltar a presenza das matemáticas no noso mundo e comprender o que achegou a matemática…
O Concello de Padrón vén de instalar unha columna multiservizo para a reparación gratuíta de bicicletas, que está dispoñible de forma totalmente gratuíta para a veciñanza na área de servizos para caravanas, emprazada na rúa Vila de Rianxo, detrás do campo de fútbol do Souto. Este poste reparador de bicicletas dispón dun inflador de rodas e ferramentas para facer pequenas reparacións nos vehículos, o que de seguro axudará ás persoas usuarias deste medio de transporte. A concelleira de Deportes, Lorena Couso, explica que a posta en marcha deste servizo responde “ao compromiso do Concello de Padrón pola mobilidade sostible, coa…