Novas recentes
O Concello de Padrón licita as licenzas de uso de 230 parcelas para os postos e atraccións da Pascua
O Concello de Padrón vén de sacar a licitación as licenzas de uso dun total de 230 parcelas para a instalación de postos de venda e atraccións feirais durante as Festas da Pascua de 2019 e 2020 no Campo do Souto, no Paseo do Espolón e nas rúas da contorna. Segundo explicou o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez, aínda que o número global de parcelas supera as 400, nestes momentos quedan dispoñibles estas 230 que saen a licitación e que se destinarán á instalación de atraccións de tipo mecánico e eléctricas, tómbolas e xogos de azar, postos de venda…
Diversas actividades divulgativas sobre a lamprea abriron nas últimas semanas nos centros educativos de Padrón a programación das "V Xornadas Gastronómicas da Lamprea", que se desenvolverán os vindeiros días 22, 23, 24, 29, 30 e 31 e que contarán coa participación de nove restaurantes. Os "menús lampreeiros", que se poderán degustar previa reserva, terán un prezo de 30 euros/persoa. A actividade divulgativa denominada "Máis alá das nasas - Descubrindo a lamprea a través do xogo", levouse a cabo nos centros educativos de Pousada, Arretén, Pontecesures, Extramundi e A Escravitude. Nela, os cativos interpretaron un conto vivo con explicacións sobre…
Padrón acollerá os vindeiros días 30 e 31 de marzo a "VI Exposición da Camelia e do Bonsai" e a "II Expo-Feira de Plantas de Colección", que reunirán no Convento do Carme a preto de 70 expositores chegados de diferentes puntos de Galicia, Asturias e Portugal, algúns dos cales presentarán tamén por primeira vez en Padrón unha mostra de orquídeas. A organización deste evento impulsado polo Concello de Padrón programou para ambos días unha ducia de actividades de balde e abertas a tódolos públicos entre as que figuran obradoiros, charlas, demostracións e contacontos. Así, o sábado 30 de marzo,…
O Concello de Padrón exporá ao público entre os días 11 e 18 de marzo as listas do Censo Electoral de Residentes (CER) e do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERE) para as Eleccións ás Cortes Xerais do vindeiro 28 de abril coa finalidade de que se poidan revisar e presentar as reclamacións que se estimen oportunas. As listas do censo poderán consultarse na pranta baixa do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Ademais, infórmase que a Oficina do Censo Electoral ten a disposición dos electores o teléfono 901 101 900 para realizar…
O goberno local de Padrón vén de aprobar os orzamentos municipais para o exercicio de 2019, que segundo o alcalde, Antonio Fernández Angueira, caracterízanse "por ser os máis sociais dos últimos anos" ao incrementar os investimentos nun 61% e ao reservar 220.000 euros para axudas de atención á dependencia, o que supón un aumento de 30.000 euros en comparación co último orzamento. O orzamento aprobado incrementa a previsión de ingresos nun 5,83% ata situalos en 7.399.534,83 euros, fronte aos 6.991.952,37 euros do orzamento de 2018. En canto aos gastos, o incremento é só dun 2,02% ata situarse en 7.106.057,18…
Exitosa xornada de presentación e exhibición das Forzas Armadas no Pavillón do Souto
O Pavillón do Souto en Padrón acolleu durante todo o día de hoxe unha exitosa xornada de presentación e exhibición das Forzas Armadas, que contou pola mañá coa presenza de alumnado dos CEIP Rosalía de Castro e Flavia, que gozaron dos xogos, das exposicións e dos circuítos infantís, así como das exhibicións dos cans detectores de drogas e explosivos. O teniente de alcalde de Padrón, Ángel Rodríguez Conde, resaltou que "a finalidade desta xornada era darlle visibilidade ao labor dos soldados e achegar ás Forzas Armadas á sociedade, co obxectivo de facilitar e fomentar o coñecemento e a conciencia…
O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso Dopazo, presentaron en Madrid na Feira Internacional de Turismo (Fitur) o cartel da Pascua 2019, que este ano celebrarase entre os días 6 e 28 de abril, sendo o Domingo de Pascua o 21 de abril. Fernández Angueira indicou que o cartel "integra nunha ilustración moi colorista algúns dos diversos elementos que caracterizan á Pascua de Padrón", entre os que destacou a feira cabalar, os concursos morfolóxicos e as exhibicións equinas; a programación cultural e musical, as múltiples actividades deportivas, o compoñente gastronómico…
A Concellaría de Obras de Padrón vén de rematar os traballos de acondicionamento dunha nova área de aparcamento gratuíto na zona do Bordel, xusto a carón do río Sar e moi preto da nova pasarela peonil, cunha capacidade para máis de 400 coches. As obras realizadas nesta zona, que comprende unha superficie aproximada de 8.715 metros cadrados, consistiron fundamentalmente na eliminación da maleza, a nivelación e compactación do terreo e na dotación dunha capa de zahorra. Esta nova superficie de aparcamento gratuíto completa ás xa existentes na propia zona do Bordel, no Campo da Barca, no Campo do Souto…
A Concellaría de Deportes de Padrón anuncia que a décimo sétima edición da Carreira Popular "Padrón 10K" celebrarase o sábado 23 de febreiro e os participantes interesados en inscribirse poderán facelo a partires das 12.00 horas de hoxe na páxina web www.emesports.es. Esta proba, que na última edición contou coa participación de máis de 1.000 corredores entre tódalas categorías -desde pitufos ata máster-, incorpora este ano a novidade de que o Campionato Provincial da Coruña de 10 quilómetros en ruta disputarase ao mesmo tempo que a carreira popular. Debido a isto, o control da proba correrá a cargo do…
O Salón de Plenos do consistorio de Padrón acollerá mañá ás 12.00 horas o sorteo público das catro prazas asignadas pola Deputación Provincial da Coruña para participar no programa "Campaña de Inverno 2019", concretamente na quinta quenda, que comprende do 22 de febreiro de 2019 ao 25 de febreiro de 2019. A celebración deste sorteo é precisa debido a que antes de rematar o prazo de inscrición xa se presentaron máis solicitudes que prazas ofertadas pola Deputación Provincial da Coruña, polo que a adxudicación realizarase mediante sorteo. Anuncio de convocatoria do sorteo (Ver PDF).