Novas recentes

Este ano, pola situación sanitaria xerada pola crise da Covid-19, non se permiten as cacharelas en terreos de dominio público, pero si se poderán realizar en terreos de titularidade privada. Se ben, para facelo debe presentarse unha comunicación previa de actividade recreativa conforme ao establecido no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro. As solicitudes poden tramitarse ata o 22 de xuño, sinalando nome, DNI ou CIF, domicilio e teléfono de contacto dos responsables da organización do evento, así como o resto de datos que figuran no formulario a disposicións da cidadanía no Concello ou na sede electrónica…
Coa chegada da nova normalidade, o Concello de Padrón volve a poñer en marcha o sistema da zona azul de estacionamento na vila. A partir de mañá, martes 16 de xuño, volverá a entrar en vigor esta limitación en tres espazos do casco urbano: Avenida de Compostela –marxe esquerdo da N-550 en dirección Santiago-, Campo do Souto –fachada da praza de Abastos-, Porta do Fondo de Vila e no entorno da igrexa parroquial. O concelleiro de Tráfico destacou que “a Policía municipal retoma as súas funcións no control deste sistema para facilitar o tráfico rodado na vila”. En Padrón en…
O Concello de Padrón decidiu anular a Feira Medieval de Padrón co obxectivo de garantir a seguridade da veciñanza. Dada a situación de emerxencia social xerada pola Covid-19, e tendo en conta as medidas de seguridade que articulan a nova normalidade, o equipo de Goberno viuse na obrigación de anular esta festa na que se xeran grandes aglomeracións e na que, por tanto, é imposible controlar as medidas sanitarias de distanciamento social. A celebración da Feira Medieval de Padrón estaba prevista para os día 3, 4 e 5 de xullo, pero agora haberá que esperar ao no que ven para…
Dende o mes de xuño a oficina de Turismo de Padrón ten un mostrador de atención ao público na planta baixa da Biblioteca Municipal. Deste xeito, permítese garantir a seguridade das persoas traballadoras  e usuarias desde departamento. Se ben, a nova distribución non afecta ao desenvolvemento da actividade diaria da Biblioteca e permite o cumprimento das medidas de seguridade fronte á Covid-19. O Concello de Padrón xa iniciou a tramitación para a creación dunha nova oficina de turismo máis ampla e con máis servizos para a atención das persoas usuarias. Así, esta medida foi tomada de xeito provisional á agarda…
A piscina e o ximnasio municipal de Padrón reabren as súas instalacións este venres no mesmo horario que tiñan antes de que se decretase o estado de alarma. As condicións da reapertura establecéronse en base ao marco normativo que recolle a Fase III do proceso de desescalada cara a nova normalidade. O aforo limitarase ao 12% da capacidade, o que implica una redución do espazo maior da que se establece na normativa da desescalada, que a fixa nun 30%. O obxectivo desta medida adicional é que os usuarios dispoñan dun espazo máis amplo e seguro. Ademais estableceuse un rigoroso protocolo…
A Aula CeMIT do Concello de Padrón sumase ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Vigo (UVigo) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a posta a disposición das tres universidades galegas do Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT Padrón) coa finalidade de facilitar un servizo de conectividade para a realización dos exames de xeito non presencial corrrespondentes ao curso universitario.Os estudantes universitarios que queiran facer uso deste servizo, terán que darse de…
O concello de Padrón xa non ten ningún caso activo de coronavirus. Segundo a última actualización dos datos por parte do Centro Médico municipal, en Padrón hubo un total de 33 casos de contaxio, pero na actualidad xa non queda ningún caso activo despois de que esta semana recibise a alta a última persoa enferma pola Covid-19 na vila.  Dos 33 casos que se detectaron en Padrón ao longo destes meses, 30 persoas foron dadas de alta, mentres que tres persoas faleceron a causa da enfermidade.  Dende hai varias semanas en Padrón non se detectou ningún caso novo de contaxio,…
A pandemia do coronavirus obrigou a cambiar a forma de desfrutar da cultura e do ocio, e neste contexto é necesario buscar novas fórmulas, como por exemplo o autocine para desfrutar das últimas estreas cinematográficas. A concellería de Turismo e Cultura de Padrón, moi implicada coa busca de solucións para todos os retos plantexados pola pandemia, acaba de poñer en marcha un autocine na vila. Lorena Couso sinalou que “esta é unha das iniciativas nas que traballamos para animar a vida social e cultural da nosa vila nestes tempos tan complicados, para nós é moi importante seguir dinamizando Padrón e…
O Concello de Padrón acordou en sesión plenaria que todos aqueles negocios aos que se lles autorizase ou se lles autorice o uso de espazos públicos con mesas, cadeiras e toldos con finalidade lucrativa, quedarán exentos durante o 2020 do pago das taxas correspondentes. Todos os empresarios da vila poden adherirse a este beneficio que ten como obxectivo paliar os efectos da crise da Covid-19 durante este exercicio. Respecto ao vindeiro ano, 2021, os establecementos de hostelería deberán presentar unha solicitude, acreditar que non teñen débedas pendentes co Concello de Padrón e devengar a taxa ao principio da ocupación como…
O Concello de Padrón elaborou un Plan de reactivación do turismo e do comercio, dous sectores primordiais en Padrón, co obxectivo, en primeiro lugar, de reforzar a confianza do público e crear un destino seguro e libre de coronavirus. As claves deste proxecto que desenvolven dende o departamento de Turismo son apoiar a estes sectores, crear un ecosistema de axentes económicos do territorio, impulsar medidas para os procedementos hixiénico-sanitarios, potenciar o tecido empresarial da localidade, mellorar a confianza do consumidor e promover novos produtos turísticos. O equipo de Turismo municipal elaborou este proxecto para 2020 e 2021 tendo en conta…
Páxina 57 de 72

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…