Novas recentes
O Concello de Padrón comezou a entregar material escolar a todos os nenos e nenas nos seus domicilios en coordinación cos centros escolares. A primeira entrega realizouse a semana pasado ao alumnado de dúas das catro escolas unitarias de Padrón. Dada a situación de emerxencia sanitaria xerada pola propagación do COVID 19, os centros educativos decidiron entregar todo o material que os rapaces e rapaces destes centros tiñan nas aulas. Así, ao longo desta mañá os docentes prepararon as entregas, e posteriormente o equipo de Protección Civil realizou as entregas nos domicilios dos nenos e nenas. A vindeira semana realizarase…
O Alcalde de Padrón e todos os concelleiros do equipo de Goberno local darán o 30 por cento da súa nómina correspondente ao mes de abril ao departamento de Servizos Sociais do Concello para, deste xeito, axudar ás familias con menos recursos da vila de Padrón na loita contra o virus COVID-19. O alcalde explicou que “o obxectivo é incrementar a partida destinada a Servizos Sociais nun momento determinante, no que máis que nunca a cidadanía precisa a axuda das institucións”. Asimesmo, o rexedor destacou que tamén “é importante solidarizarse con todas aquelas persoas que perderon os seus ingresos, e…
O Ministerio de Consumo publica unha serie de infografías para asegurar as máximas garantías no consumo nestes días do estado de alarma e de situación de emerxencia sanitaria. Nos seguintes enlaces podes acceder aos carteis oficiais: Aquí.- Derechos del cosumidor Aquí.- Moratoria de hipotecas Aquí.- Suministro Garantizado Aquí.- Prazos de devolución Aquí.- Contratación de servizos funerarios Aquí.- Información sobre moratorias en créditos hipotecarios Aquí.- Información sobre Viaxes Aquí.- Quenes son os consumidores vulnerables? Aquí.- Qué facer se non chegaron as túas compras online. Aquí.- Información sobre ximnasios
Todas as medidas de precaución son moi necesarias neste momento para frear a expansión do coronavirus na nosa sociedade, e poder recuperar a normalidade. Por iso é necesario que todos dispoñamos da información correcta, e neste contexto a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) publica unha serie de infografías sobre como manter as máximas precaucións para evitar o contaxio do virus COVID-19. Neste documento explica cómo utilizar as mascarillas, aquí como tratar os residuos e neste como utilizar luvas e lavar as mans de xeito correcto. É importante manter unha hixiene adecuada e tomas as medidas de precaución recomendadas, ante…
A Comisión de coordinación para a seguridade e o benestar cidadá polo COVID-19 reuniuse onte para abordar e organizar o traballo dos distintos organismos municipais na xestión desta crise sanitaria. O obxectivo deste grupo é facilitar a cooperación dos distintos equipos que operan e interveñen no municipio en relación co Real Decreto 8/2020, mediante o cal o Executivo estatal declarou o estado de alarma para afrontar a situación de emerxencia sanitaria derivada da propagación do virus COVID-19. A Comisión, presidida polo Alcalde do Concello de Padrón, está conformada polo Concelleiro de Emerxencias de Padrón, o Xefe en funcións da Policía…
O DOG recolle hoxe a ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación durante a situación de suspensión do servizo de comedor a consecuencia do COVID-19, con levantamento dos plazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B). A quen vai dirixido? A todas as familias cuxos fillos e fillas fagan uso do comedor escolar, e que non pagan ou pagan 1 €. Por tanto, aqueles que aboen unha cantidade de…
O BOE publicou hoxe o Real Decreto Lei 10/2020 polo que se regula un permiso retribuido recuperable para as persoas que traballan por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a movilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19. Máis información e documentación Aquí podes consultar a resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade…
O Concello de Padrón suspende a celebración das Festas da Pascua de 2020 en base ao establecido no Real Decreto 463/2020 mediante o que se declara o estado de alarma pola crise sanitaria derivada da propagación do virus COVID-19. No Real Decreto especifícase a obrigación de suspender as verbenas, os desfiles e as festas populares. En consecuencia tamén se suspende o procedemento de licitación para o outorgamento das licenzas de uso das parcelas de dominio público municipal no Campo do Souto e no Paseo do Espolón e rúas próximas para a instalación de atraccións feirais. A resolución farase pública no…
Un dos xardíns máis antigo de Galicia é o Xardín Botánico Artístico de Padrón, malia que a data exacta da súa orixe é descoñecida, a súa existencia aparece recollida nun documento de 1869, polo que en 2019 celebrouse o seu 150 aniversario. E o Concello de Padrón quere poñer en valor este espazo no que se atopan preto de 300 especies diferentes. Lorena Couso, concelleira de Turismo, sinalou que “o patrimonio da vila de Padrón é moi rico, como demostra este xardín, e por tanto hai que traballar intensamente na súa promoción e no seu coidado”. Así, dende o último…
No marco das VI Xornadas gastronómicas da lamprea de Padrón, o Concello de Padrón organiza o Concurso de Empanadas de lamprea o venres 20 de marzo. Esta cita gastronómica terá lugar o venres 20 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de Padrón. O obxectivo desta convocatoria é poñer en valor un dos produtos máis típicos da gastronomía padronesa, cuxa empanada en timbal ten unha gran tradición na vila. No concurso cada participante terá que elaborar unha empanada de lamprea, e será o Concello o que proporcione lamprea a cada un dos cociñeiros. A concelleira de Turismo, Lorena Couso,…