Novas recentes

  A Escola de Idiomas de Padrón impulsada desde a Concellaría de Cultura e a academia Get Brit comeza a dar os seus froitos, posto que os 12 alumnos da primeira promoción que realizaron as probas oficiais no pasado mes de xuño recibiron hoxe os correspondentes certificados oficiais de Cambridge English. Nun acto celebrado no salón de plenos do consistorio, Antonio Fernández Angueira cualificou como "un gran acerto" o acordo selado con Get Brit para poñer en marcha a Escola de Idiomas de Padrón e salientou "o esforzo e a dedicación" dos alumnos durante todo o curso, felicitándoos polo seu…

Dez locais ofrecerán tapas a 2 euros nas VIII Xornadas Gastronómicas "Saborea Padrón"

  As oitavas Xornadas Gastronómicas "Saborea Padrón", organizadas pola Concellaría de Turismo para dinamizar e poñer en valor a hostalaría padronesa e a gastronomía local, desenvolveranse entre os días 5 e 14 de outubro e contarán coa participación de dez establecementos. Todos eles ofrecerán tapas a 2 euros  -consumicións aparte- elaboradas seguindo a temática do Camiño de Santiago. Os locais participantes nesta oitava edición e as tapas que prepararán xa poden consultarse na páxina web www.terrasdeiria.com/saboreapadron e son: Central Perk (A barquiña de pedra), O Secreto (Échale huevos al Camino), O Secreto do Viño (Las vueltas del Camino), Chef Rivera…

O Concello abre a solicitude de subvencións para actividades deportivas e culturais e para festexos

  O Concello de Padrón abriu onte o prazo de solicitude de subvencións municipais a persoas ou entidades públicas e/ou privadas para colaborar no desenvolvemento de actividades ou accións de interese no ámbito cultural, deportivo e de festexos populares. A partida global destinada polo goberno local a estas achegas ascende a 9.000 euros e os solicitantes dispoñen dun prazo de 15 días naturais para presentar toda a documentación necesaria no Rexistro Xeral de entrada do Concello de Padrón. Ao respecto, todas aquelas persoas e entidades interesadas poden consultar a convocatoria das subvencións e obter os diferentes modelos de documentos a…
  O goberno local de Padrón vén de aprobar na última reunión da Xunta de Goberno Local un paquete de seis proxectos de obras que suman un investimento total de 222.000 euros na mellora de accesos e camiños nas parroquias de Iria, Herbón, Cruces e Padrón e na creación dun parque público no Campo da Barca. Segundo explicou o concelleiro de Vías e Obras, José Ramón Pardo, estes seis proxectos engloban un total de nove actuacións que o goberno local licitará "o antes posible co obxectivo de telas finalizadas antes do remate do exercicio de 2018". O proxecto de creación…

O Concello de Padrón distingue a Manuel Garrido, estudoso do Camiño de Santiago, como II Peregrino de Honra

  O estudoso do Camiño de Santiago Manuel Garrido Rivero, natural de Segovia pero afincado en Padrón desde 1992, recibiu hoxe de mans do rexedor local, Antonio Fernández Angueira, o galardón "Padrón, Berce do Xacobeo", que o distingue como II Peregrino de Honra. Acompañado pola concelleira de Cultura e Turismo, Lorena Couso, polo concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, por outros edís da Corporación Municipal e tamén polos alcaldes de Dodro, Valentín Alfonsín, e Cesures, Juan Manuel Vidal, o rexedor padronés entregoulle o galardón ao remate da tradicional Misa do Peregrino, celebrada na igrexa parroquial de Padrón, en recoñecemento ao…
  A concelleira de Cultura, Lorena Couso Dopazo, e o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde, presentaron hoxe a programación lúdica e cultural da Romaría do Santiaguiño do Monte, que incluirá máis de 30 actividades entre os días 18 e 25 de xullo. As actividades arrancarán o mércores 18 ás 22.00 horas cunha exhibición da escola de baile El Tomasón na Praza de Macías e rematarán o mércores 25 de xullo ás 22.00 horas cun concerto do grupo Los Tres Soles del Paraguay na zona do Espolón. Entre ambas datas haberá actuacións musicais de múltiples estilos con grupos como Mala…
  O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Voluntariado, Lorena Couso, e a técnico da Oficina Municipal de Voluntariado, Pilar Lorenzo, presentaron esta mañá a programación especial de actividades coa que se celebrará o XX Aniversario da Oficina Municipal de Voluntariado (OMV) de Padrón. O alcalde salientou que “Padrón é un concello comprometido co voluntariado" e subliñou que "debe sentirse moi orgulloso de celebrar este vixésimo aniversario da OMV, unha entidade que é un referente no ámbito do voluntariado pola súa dilatada traxectoria”. Ao longo destes 20 anos formaron parte deste proxecto máis…
  As rúas de Padrón acollerán entre os días 6 e 8 de xullo a XIII Feira Medieval "Padrón, Berce do Xacobeo", que incluirá unha trintena de actividades lúdicas e de entretemento para tódolos públicos, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Festexos, Ángel Rodríguez Conde. A programación, coordinada pola empresa especializada Iacobus Medieval, arrancará o venres día 6 ás 18.00 horas coa apertura do tradicional mercado e rematará o domingo 8 ás 24.00 horas. Nesta edición, a organización planificou actividades orientadas tanto ao público adulto como ao infantil, entre as que figuran mostras de artesanía, obradoiros de oficios antigos (vidraría,…
  O goberno local de Padrón aproveitou hoxe a reunión da Xunta de Goberno Local para manifestar o seu respaldo ás reivindicacións da plataforma promovida no Concello de Teo para rexeitar a instalación dunha planta de xestión de residuos na canteira de Casalonga. Para o goberno padronés, que precisa que Cruces sería a parroquia padronesa máis afectada pola proximidade á zona elixida pola empresa promotora, son "máis que razoables" as dúbidas acerca do "impacto ambiental real" que tería a implantación da planta en Casalonga sobre diferentes lugares do municipio, como poden ser Areal, Angueira e A Picaraña, entre outros. Ademais,…
  O concelleiro de Emerxencias, Ángel Rodríguez Conde, informa que os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) con sede en Padrón comezaron nas últimas semanas a visitar tódolos edificios públicos do municipio para estudalos e coñecelos "desde unha perspectiva técnica", coa finalidade de axilizar a súa resposta e mellorar a eficacia da súa intervención den caso dunha posible incidencia. Nestas visitas de carácter preventivo, o persoal do GES avalia cada edificio público e elabora unha ficha informativa que recolle datos como a ubicación das acometidas de electricidade, agua e gas, as chaves de corte destes subministros, a conexión coa…
Páxina 60 de 65

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…