Novas recentes
O Concello de Padrón promove o proxecto Reforzar a identidade europea en tempos de crise, financiado pola Unión Europea dentro do programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores (CERV) da Rede de Cidades da UE. Esta iniciativa incide en buscar vías de colaboración e lugares de convivencia para que todos xuntos avancemos cara ao futuro. O proxecto de Padrón é o primeiro que a UE lle aproba a un municipio de Galicia no programa CERV e os seus principais obxectivos son ofrecer a oportunidade de coñecer os dereitos da cidadanía europea, os valores e normas democráticas que nos son comúns e reforzar o entendemento impulsando,…
A misión encabezada pola concelleira Mariló Saco prestará apoio na rexión do 5 ao 10 de decembro O goberno local agradécelle ás empresas, aos centros educativos e aos particulares a súa xenerosidade á hora de aportar material de primeira necesidade A iniciativa busca proporcionar asistencia tanxible e sensibilizar sobre a situación do pobo saharaui As restricións de espazo e de peso establecidas pola organización da misión humanitaria impediron un chamamento xeralizado O Concello de Padrón recadou axuda humanitaria para a poboación saharauí, que lle será enviada a vindeira semana nunha misión humanitaria na que participará a concelleira de Servizo Sociais,…
A instalación, que comezou xa no mes de outubro, converterá á vila padronesa no destino perfecto para gozar en familia e cos amigos A programación ata o 5 de xaneiro inclúe obradoiros, espectáculos, concertos, as visitas de Papa Noel e a tradicional cabalgata de Reis O obxectivo é promover o sentido de comunidade, estimular a economía local e atraer visitantes O Concello de Padrón dará a benvida oficial ao Nadal este venres, 1 de decembro, co acendido das luces ás 18.00 horas polas rúas da vila. A vila prepárase así para vivir unhas datas cheas de luz, de cor e…
O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira da Terceira Idade, Mariló Saco, visitaron á coñecida pementeira en nome da toda a veciñanza O goberno local expresoulle a Carmucha os seus parabéns, destacando a súa admirable vida marcada por décadas de duro traballo, esforzo e dedicación O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira da Terceira Idade, Mariló Saco, felicitaron en nome de toda a veciñanza a Carmen Rivera Magariños, coñecida como Carmucha, polo seu aniversario. A coñecida pementeira de Herbón cumpriu 107 años este martes 28 de novembro, e a visita converteuse nun emotivo encontro cheo de recoñecemento e…
O goberno local e a veciñanza colocaron unha flor por cada falecida no monumento en lembranza das vítimas situado na praza da Igualdade || Mariló Saco: “Dende o goberno de Padrón apostamos pola concienciación colectiva continua, a educación en igualdade e a unidades social e institucional para traballar cunha son voz” || A concelleira de Muller e Igualdade foi a encargada de ler o manifesto institucionalinsistindo no compromiso do novo goberno de progreso coa defensa da igualdade e o combate radical de todas as violencias machistas || O Concello de Padrón completou esta tarde a ampla programación de actos…
Trátase dunha das moitas accións que o goberno local desenvolve co gallo da celebración este sábado 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero || O programa completarase mañá venres coa proxección do vídeo institucional no que se recollen os casos reais de tres das 31 novas vítimas de violencia atendidas polo CIM Terras de Iria dende o ano 2020 || Tamén se inaugurará o monumento de homenaxe ás vítimas na praza da Igualdade, entregaranse os premios do III Certame de debuxos e desenvolverase un coloquio tralo visionado de ‘Matria’ || O Concello de Padrón instalou sinais…
Os integrantes da banda e a veciñanza agradecéronlle o seu traballo nos últimos quince anos || “Se algo nos deixas é un gran futuro por diante que espero que sexa exitoso para ti como non me cabe dúbida que tamén o será para a banda”, subliñou o alcalde de Padrón || Ademais de Anxo Arca, participaron na despedida a primeira tenente de alcalde, Chus Campos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o presidente da Fundación Rosalía de Castro e académico da RAG, Anxo Angueira; ou Iván Estévez, presidente da Federación Galega de Bandas || Braulio Cao pechou a…
O Centro de Información á Muller atendeu un total de trinta e unha mulleres vítimas da violencia machista nos últimos tres anos// O Concello de Padrón publica hoxe un vídeo con testemuñas reais de tres mulleres da localidade vítimas de maltrato, que puideron reconducir as súas vidas logo de denunciar aos seus agresores o recibir o apoio de profesionais especializadas en violencia de xénero como as que traballan no Centro de Información á Muller Terras de Iria. Desde o ano 2020, o CIM localizado en Padrón atendeu un total de trinta e un novos casos de violencia machista. No audiovisual,…
O alcalde de Padrón, Anxo Arca, resaltou a colaboración entre administracións e empresas para darlle unha oportunidade laboral a persoas desempregadas || Formáronse 107 homes e mulleres dos concellos de Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures, Rianxo e Valga || O secretario territorial da Xunta resalta o triple obxectivo dos PIE: favorecer a aprendizaxe, a cualificación e a adquisición de experiencia laboral entre o alumnado || A Consellería de Promoción do Emprego financiou este programa con 250.000 euros || Os seis alcaldes agardan a concesión do novo programa de formación || O Programa integrado de emprego (PIE) no que se estiveron…
O certame busca enxalzar a beleza do patrimonio arquitectónico da vila e dinamizar a participación activa do comercio, da hostalería e da restauración Repartiranse 800 euros en premios para consumir nos establecementos locais A inscrición está aberta ata o 1 de decembro e as creacións quedarán expostas do 12 de decembro ata o 6 de xaneiro O Concello de Padrón convoca a cuarta edición do concurso Nadal na Rúa co obxectivo de animar á veciñanza a decorar os balcóns, ventás, escaparates, fachadas, xardíns ou elementos exteriores do rueiro de todo o municipio padronés, tanto no seu casco histórico coma…