Novas recentes

O edificio, pechado pola Xunta en 2017, podería acoller ata catro vivendas sociais A actuación busca recuperar o inmoble máis grande das antigas escolas unitarias do municipio O alcalde de Padrón, Anxo Arca, informou esta mañá da intención do goberno padronés de transformar o edificio da antiga escola infantil de Pazos en varias vivendas sociais. Para este fin, o concello encargou xa a redacción dun proxecto que permita “volver darlle vida e utilidade a este edificio que leva anos abandonado”. O estado de deterioro e abandono no que se atopa o inmoble pode constatarse nas fotografías aportadas polo Concello. A…
29 de setembro de 2025 Logo de aprobar definitivamente o expediente de aprobación do Plan Municipal de prevención e defensa de incendios forestais (PMPDIF) do Concello de Padrón, mediante Resolución de Alcaldía núm. 632/2025, do 5 de setembro, faise público en cumprimento do artigo 45 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Pódese consultar o documento no seguinte enlace (PMPDIF)   O anuncio de aprobacion definitiva do plan foi publicado no Boletín Oficial da Provincia da Coruña con data 6 de outubro de 2025 (ver PDF)    
O alcalde en funcións, Luis Mariño, asistiu ao acto de clausura celebrado este luns en Dodro Durante nove meses estivéronse formando un cento de persoas dos municipios de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Valga e Catoira O alcalde en funcións de Padrón, Luis Mariño, asistiu esta mañá ao acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2024-25 no que participan os concellos de Padrón, Rois, Dodro, Pontecesures, Catoira e Valga. Un cento de persoas desempregadas de diferentes colectivos estivéronse formando durante nove meses e, ao remate do PIE, o 41% delas estaban xa traballando. Luis Mariño destacou a importancia da…
O programa atende a nove persoas con deterioro cognitivo leve ou diagnóstico de demencia, con actividades que promoven o benestar físico e emocional O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Servizos Sociais, Marió Saco, visitaron este luns 22 de setembro o centro de estimulación cognitiva que acolle a Casa dos Capeláns, en Iria Flavia. Desde a súa inauguración en decembro de 2024, o programa de estimulación cognitiva que ofrece Agadea Alzhéimer en Padrón segue consolidándose como un recurso de referencia na atención a persoas con deterioro cognitivo ou diagnóstico de demencia. Esta iniciativa naceu da colaboración entre…
As clases están abertas a persoas de todas as idades e desenvolveranse entre outubro de 2025 e xuño de 2026 As inscricións permanecerán abertas ata dez días antes de cada actividade   O Concello de Padrón continúa apostando pola formación dixital da veciñanza e pon en marcha un completo programa de cursos gratuítos de informática e novas tecnoloxías, abertos a persoas de todas as idades, que se desenvolverán entre outubro de 2025 e xuño de 2026. A iniciativa contempla unha sesión ao mes, que se impartirá tanto na Aula CeMIT de Padrón (Campo do Souto nº2) como noutras parroquias do…
O alcalde de Padrón participou esta mañá no acto de clausura xunto a delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, e aos alcaldes de Rois, Ramón Tojo, e Dodro, Xavier Castro  ||   Formáronse en atención sociosanitaria a domicilio e acabados ríxidos e urbanización   ||   Dos 20 alumnos e alumnas participantes, 4 xa están traballando  ||   O alcalde de Padrón, Anxo Arca, agradeceu esta mañá o esforzo das 20 persoas desempregadas que participaron no obradoiro dual de emprego Comarca do Sar 2024 e amosou a súa confianza de que pronto todas elas se incorporen ao mercado laboral…
O alcalde Anxo Arca entrégalle ao presidente Tanis Vázquez unha figura de Sargadelos “en recoñecemento a súa traxectoria e a grande aportación ao deporte padronés”  ||   Tanis Vázquez resalta que o club leva o nome de Padrón e é un dos máis potentes da provincia, con máis de 70 licencias  ||   Ao acto asistiu tamén o deputado de Deportes da Deputación, Antonio Leira  ||   O Concello de Padrón rendeulle este luns unha homenaxe ao Club Ciclista Padronés Cortizo polos numerosos éxitos deportivos acadados nos seus case setenta anos de historia. O alcalde, Anxo Arca, o concelleiro de Deportes, Luis…
O Concello executou traballos de mellora para a posta a punto das instalacións antes da volta ás aulas O obxectivo é garantir que alumnado e profesorado dispoñan de espazos seguros, cómodos e renovados para desenvolver a súa actividade diaria O alumnado de Padrón incorporouse este luns, 8 de setembro, ao novo curso escolar en centros que presentan un mellor aspecto grazas ao plan de traballos de acondicionamento impulsado polo Concello durante o verán. O goberno local programou diferentes actuacións co obxectivo de que os colexios estivesen listos e en óptimas condicións para a volta ás aulas. As intervencións abrangueron labores…
Beatriz Maroño, José Luis Domínguez, Ana Vázquez e Alain Miñones resultaron gañadores nas catro categorías do certame Os premios inclúen libros de Camilo José Cela, un bono para practicar paddel surf e lotes de produtos gastronómicos A primeira edición contou coa participación de 60 persoas e o Concello agradece a acollida da iniciativa O Concello de Padrón deu a coñecer os gañadores da primeira edición da quedada fotográfica organizada en colaboración coa comunidade de creadores FotoWalk Galicia, celebrada o pasado 14 de xuño e na que participaron arredor de sesenta persoas. Nesta ocasión, o certame propuxo catro bloques temáticos ligados…
As clases comezarán o mércores 1 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2026  As actividades combinarán ximnasia, pilates, ioga, informática, pintura e manualidades para maiores de 50 anos. As clases desenvolveranse tanto no núcleo urbano como nas parroquias de Carcacía, Angueira de Suso e Estramundi. O programa complétase con club de lectura, viaxes culturais e voluntariado Ategal para fomentar a participación cidadá   As Aulas Sénior de Padrón, orientadas a fomentar un envellecemento activo, arrancan un novo curso cunha programación variada de actividades saudables, culturais e de lecer. O programa, xestionado por Ategal en colaboración co Concello…
Páxina 9 de 86

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…