Novas recentes
A concelleira de Igualdade, Mariló Saco, leu un manifesto no que insistiu na necesidade de apoiar ás persoas LGTBI para que vivan con orgullo, dignidade e libres de violencia Padrón comprométese a erradicar a LGTBIfobia e a construír unha sociedade máis inclusiva e respectuosa Veciños e veciñas participaron nun taller de Voguing Dance para celebrar a expresión e o empoderamento O Concello de Padrón celebrou este venres 27 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha programación impulsada pola Mesa Local contra a Violencia de Xénero, que combinou expresión artística, memoria colectiva e compromiso institucional. A cita desenvolveuse na…
O plan baséase en seis liñas clave: regulación turística, nova construción, vivenda pública, licenzas máis áxiles, rehabilitación e novos plans urbanísticos “Estamos sentando as bases para elevar a calidade de vida das padronesas e padroneses, e para que toda aquela persoa que queira vivir no noso municipio poida facelo con calidade e dignidade”, subliña Anxo Arca O Concello de Padrón fixo pública este mércores 25 de xuño a súa estratexia de habitabilidade e crecemento, unha folla de ruta clara e ambiciosa que ten como obxectivo resolver o problema estrutural de acceso á vivenda, dinamizar o urbanismo local e fixar…
A instalación permanecerá operativa de luns a domingo en horario de 14:00 a 21:00 horas A piscina municipal da Escravitude abrirá ao público este sábado, 28 de xuño, dando inicio á tempada de verán no Concello de Padrón. A instalación permanecerá operativa todos os días da semana, de luns a domingo, en horario de 14:00 a 21:00 horas. As tarifas para esta tempada 2025 mantense en 2,50 euros por entrada no caso das persoas maiores de 18 anos. Os xubilados, pensionistas, familias numerosas e mozos e mozas de 14 a 17 anos beneficiaranse dun prezo reducido de 1 euro…
A vila converterase nun mercado histórico ao aire libre do 4 ao 6 de xullo con música, artesanía, espectáculos e actividades para toda a familia Un dos actos centrais será o irmandamento entre Padrón e Arjonilla coa deusa Thea como guía simbólica da unión O evento aposta pola dinamización local, a participación cidadá e a recreación dos oficios e da vida medieval Do venres 4 ao domingo 6 de xullo, o corazón histórico de Padrón transformarase nun gran mercado medieval ao aire libre coa celebración da XVIII Feira Medieval da nobre Vila de Padrón. O evento, organizado polo Concello de…
Póñense a disposición das familias 305 prazas distribuídas entre tres iniciativas: Conciliación Verán Padrón, o Campus Deportivo de Verán e o novo Campamento Dixital Concilia verán aumenta esta ano a súa capacidade e horario A gran novidade é o Campamento Dixital, unha proposta gratuíta orientada a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos O Concello de Padrón reforza o seu compromiso coa conciliación familiar e laboral durante os meses de verán cun aumento significativo de prazas nos seus programas estivais destinados a nenos e nenas do municipio. Este ano, ofrécense tres iniciativas: Conciliación Verán, Campus Deportivo de…
As actividades, con prazas limitadas, permitirán revivir o traslado do Apóstolo, a historia de Iria Flavia e o legado de Rosalía de Castro O Concello de Padrón presenta unha nova programación de visitas guiadas e teatralizadas para os meses de xullo, agosto e setembro, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio histórico, artístico e literario da vila. A iniciativa está organizada en colaboración coa agrupación teatral Os Quinquilláns e co divulgador histórico Suso Martínez, e está dirixida tanto á veciñanza como ás persoas que visitan a localidade durante o verán. A programación inclúe tres propostas diferentes que permiten…
PP e BNG teñen un mes de prazo para presentar unha moción de censura. Se non o fan as contas quedarán aprobados automaticamente || O alcalde lembrou que os orzamentos de 11,1 millóns de euros supoñen un impulso fundamental para que o Concello siga avanzando || “Os partidos da oposición non presentaron ningunha emenda nin propostas construtivas para mellorar as contas”, di Anxo Arca || O Pleno da Corporación de Padrón rexeitou esta mañá a cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos municipais deste ano cos 7 votos en contra de PP (6) e BNG (1), e…
O Concello consolida o seu liderado en Galicia sumando este ano 42 inscritos e cun programa de formación e lecer cada vez máis amplo A programación da xornada incluíu exposicións, actuacións musicais e un xantar de clausura “Sodes depositarios dun gran coñecemento e talento que non podemos permitirnos perder”, subliñou o alcalde Anxo Arca O Auditorio Municipal de Padrón acolleu este venres o acto de clausura do curso 2024–2025 das Aulas Sénior de Galicia (Ategal), nunha xornada marcada pola emoción, o recoñecemento e o compromiso co envellecemento activo. Padrón revalida un ano máis a súa posición como o municipio galego…
José Ramón Vigo, de 83 anos, homenaxeado como ciclista máis veterano nunha marcha multitudinaria Esta cita consolídase como un dos eventos familiares máis participativos do ano na vila Padrón viviu esta mañá unha auténtica festa da bicicleta e da mobilidade sostible con motivo da celebración dunha nova edición do Día da Bicicleta, que reuniu a 181 persoas inscritas de todas as idades nunha xornada marcada polo bo tempo, o espírito deportivo e o excelente ambiente familiar. Desde primeiras horas da mañá, o paseo do Espolón converteuse no punto neurálxico da cita. A actividade arrancou ás 10:00 h cunha visita…
Vai dirixido á rapazada de 6 a 15 anos e celebrarase en dúas quendas: do 23 de xuño ao 9 de xullo e do 10 ao 29 de xullo Combina as propostas deportivas e lúdicas con saídas ao Monte Santiaguiño, á piscina da Esclavitude e ao Aquapark de Cerceda 16 de xuño de 2025 O Concello de Padrón publica as listaxes de participantes admitidos no Campus deportivo de verán 2025, tanto da primeira como da segunda quenda. Así mesmo, lembra que o custo por quenda é de 30€ por participante, 25€ para segundo/a irmán/á e 20€ para terceiro/a irmán/á e…
Galego
Español



