Novas recentes
Distribuiranse 2.000 bonos de 10 euros cada un para compras superiores a 20€ nos establecementos que se sumen á campaña Os Bonos Padrón entregaranse fisicamente a partir do 1 de decembro, dándolle preferencia ás persoas empadroadas Anxo Arca e Chus Campos presentaron esta iniciativa destinada a fomentar o emprego e dinamizar o comercio padronés Toda a información da campaña está dispoñible na web bonospadron.gal O Concello de Padrón pon en marcha a primeira edición da campaña Bonos Padrón. Padrón ten o que precisas, unha iniciativa coa que o goberno local destina 20.000 euros de fondos propios municipais para apoiar…
Con estas actuacións o Concello suma xa cinco espazos de xogo renovados durante o goberno de Anxo Arca As novas áreas levarán os nomes de dúas pioneiras galegas da ciencia, Inmaculada Paz-Andrade e Olimpia Valencia, en recoñecemento ao seu legado profesional e humano O Concello de Padrón vén de iniciar as obras de construción de dous novos espazos de lecer infantil, un situado no campo da Devesa, en Estramundi, e outro na rúa Vila de Rianxo. Con estes proxectos, serán xa cinco as áreas de xogo renovadas durante o goberno de Anxo Arca. As actuacións supoñen un investimento total de…
A iniciativa está dirixida a persoas desempregadas da comarca e ofrece itinerarios personalizados de inserción laboral O proxecto inclúe un ano máis accións de orientación, formación en sectores clave e prácticas profesionais O Concello de Padrón participa nunha nova edición do Programa Integrado de Emprego de Dodro 2025/2026, unha iniciativa conxunta que tamén conta coa colaboración dos concellos de Rois, Valga, Catoira e Pontecesures. O programa, co apoio da Xunta de Galicia e do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), pon á disposición da veciñanza 100 prazas dirixidas a persoas desempregadas da comarca. O obxectivo é mellorar a empregabilidade…
O proxecto combina inversións técnicas e accións de concienciación para cumprir coa normativa europea Só o 20% dos máis de 3.500 toneladas anuais de residuos se separa correctamente, o que evidencia a necesidade de mellora O novo modelo pretende reducir custes e avanzar cara a unha xestión máis sostible O Concello de Padrón dá un paso máis na mellora do servizo de recollida e tratamento de residuos coa posta en marcha de novas actuacións financiadas mediante unha subvención destinada a fomentar a recollida separada de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles. A axuda de 114.048 euros, concedida en réxime…
O alcalde subliña que o premio ‘Padrón, berce do xacobeo’ recoñece o compromiso do homenaxeado coa peregrinaxe e coa conservación do patrimonio histórico || “Agardo que hoxe poidas sentir máis cerca ca nunca a toda a veciñanza e que xa es tan padronés como o que máis”, sinalou Anxo Arca || A igrexa parroquial de Santiago acolleu o emotivo acto || O párroco de Padrón, Roberto Martínez Díaz, reivindicou hoxe o recoñecemento do itinerario a Padrón como ruta oficial xacobea. Fíxoo no acto no que se sumou, en calidade de Peregrino de Honra, ás persoas…
O alcalde destaca a implicación de institucións e iniciativas privadas para preservar o patrimonio da vila Anxo Arca, o párroco Roberto Martínez, o director territorial da Consellería de Cultura Severino Álvarez, concelleiros e concelleiras do goberno e a Corporación acompañaron á delegada da Xunta na provincia da Coruña na súa visita ao templo A actuación no retablo conta cun orzamento de 98.000 euros O alcalde de Padrón, Anxo Arca, encabezou a comitiva do goberno local que acompañou esta mañá á delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña, Belén do Campo, na visita que fixo á igrexa parroquial de…
O programa desenvolverase entre outubro e decembro no Auditorio Municipal O ciclo reunirá compañías galegas, bandas locais e proxectos audiovisuais nunha programación aberta á veciñanza O venres 7 de novembro entregarase o Premio Maruxa Villanueva 2024 a Lidia Veiga O Concello de Padrón vén de anunciar a programación do Outono Cultural 2025, unha ampla oferta de actividades que encherán de cine, música e teatro os meses de outubro, novembro e decembro. Esta cita, xa consolidada no calendario cultural padronés, conta co apoio da Deputación da Coruña e coa inclusión na Rede Cultural. A programación iniciouse a pasada fin de…
O alcalde entregou o I Foco de Honra a Mabel Rivera e destacou a boa afluencia de público ás tres proxeccións da fin de semana A vida de Castelao antes de ser unha figura pública, un repaso á vida dunha muller fascinante como Luz Fandiño ou a mirada crítica á implantación de Altri en Galicia centraron esta primeira edición Os espectadores puideron conversar co guionista Pepe Coira, coa produtora Nati Juncal e co director Enrique Banet O alcalde de Padrón, Anxo Arca, entregou este domingo o I Foco de Honra que lle foi concedido á actriz Mabel Rivera pola súa…
Trátrase dun traballo do Voluntariado interxeracional para ver a evolución do rural co paso do tempo || A actividades foi financiada Xunta Xunta de Galicia e pola Union Europea a través dos fondos NestGenerationEU dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia || O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Servizos Sociais, Mariló Saco, inauguraron este sábado a exposición ‘O Padrón rural en imaxes’, que estará aberta ao público este domingo, 19 de outubro, na Casa dos Capeláns (Iria Flavia) de 12.00 a 13.30 horas Trátase dun proxecto do Voluntariado interxeracional 2025 promovido pola Oficina de Voluntariado…
Participou na clausura deste obradoiro no que se formaron 15 mozos e mozas en tratamento e maquetación de elementos gráficos de preimpresión O alumnado deseñou o cartel para a campaña do 25N “A cidadanía vai ver o voso traballos e poderá comprobar que este obradoiro é un investimento que ten repercusión en toda a veciñanza” O acto celebrouse no multiúsos de Rois coa asistencia co alcalde roisense, a delegada da Xunta na Coruña e o tenente alcalde de Dodro O alcalde de Padrón resaltou o “compromiso coa xuventude” dos tres concellos da comarca do Sar para que a…
Galego
Español



