Novas recentes
O presidente da Banda, José Cerqueiras, o director, Santi Mella, e o alcalde de Padrón, Anxo Arca, deron a coñecer os detalles da programación A tempada inclúe cinco concertos temáticos con homenaxes, celebracións tradicionais e un tributo á memoria democrática A Banda de Música Municipal de Padrón presentou hoxe a súa programación para a tempada 2024-2025, que leva por título Celebrar. No acto de presentación, celebrado na casa consistorial de Padrón, participaron o presidente da Banda, José Cerqueiras; o director da agrupación, Santi Mella; e o alcalde de Padrón, Anxo Arca, quen destacaron o papel desta nova tempada como unha…
Transportes Carnota González fai o traslado de xeito gratuíto e ten previsto chegar mañá a Alfafar e Aldaia Anxo Arca e Ramón Tojo agradecen a colaboración da veciñanza e das empresas implicadas nesta iniciativa Tres camións da empresa roisense Transportes Carnota González chegarán mañá as localidades valencianas de Alfafar e Aldaia con axuda humanitaria para as vítimas da DANA recollida polos concellos de Padrón, Rois e Rianxo. Arxo Arca e Ramon Tojo, alcaldes de Padrón e de Rois, respectivamente, agradecen a colaboración da veciñanza e das empresas implicadas con esta iniciativa Produtos de limpeza, sanitarios e de hixiene…
O operativo está composto por dous xefes de equipo e tres bombeiros así como vehículos e material específico A axuda responde ao chamamento realizado pola Federación Española de Municipio e Provincias (FEMP) para mobilizar recursos O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, achegáronse esta mañá á base do GES en Pazos para despedir aos efectivos e mostrarlles o seu apoio antes da partida A estancia en Valencia prolongarase ata o luns 11 de novembro O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón enviará medios e persoal especializado a Valencia para colaborar nas tarefas de…
O actor santiagués recibiu a distinción nun acto celebrado no Auditorio Municipal e que incluíu a representación da súa obra ‘O deus do pop’ || O alcalde Anxo Arca destacou “o talento, a traxectoria e o papel como embaixador da cultura galega” de Anido, ao tempo que resaltou a “innovación no teatro de obxectos e físicos” que caracteriza a obra do compostelán || Diego Anido: “Nunha das miñas visitas a Casa Rosalía como estudante, Maruxa Villanueva tocoume o ombreiro. Pregúntome se llo tocaría a todos os que gañaron este premio” || O Concello de Padrón celebrou…
Nas últimas semanas, o Concello de Padrón detectou un incremento preocupante no abandono indiscriminado de mobles, electrodomésticos e outros útiles domésticos ao carón dos colectores de lixo. Este tipo de accións, como reflicten as imaxes tomadas recentemente en varias rúas do municipio, afean a contorna, crean molestias para a veciñanza e poden chegar a ser perigosas tanto para o tráfico rodado como para o tránsito de peóns. Co obxectivo de solucionar esta situación e garantir unha mellor xestión dos residuos voluminosos, o Concello recorda á cidadanía que existe un servizo de recollida domiciliaria que permite desfacerse destes obxectos de maneira…
O alcalde, Anxo Arca, participou esta mañá na presentación no Auditorio roisense // Animou as persoas participantes a aproveitar esta formación e vela como unha chave que lles pode abrir outras oportunidades // O taller ten unha duración de doce meses e conta cunha subvención da Xunta de 411.000 euros // Coincidindo co primeiro día de formación, o alcalde de Padrón, Anxo Arca, participou esta mañá na presentación do obradoiro de garantía xuvenil Terras de Iria 2024. Este obradoiro de emprego, financiado con 411.000 euros pola Xunta e dun ano de duración, formará en maquetación quince alumnos-traballadores de Rois, Padrón…
O alcalde Anxo Arca participou no pasado mes de setembro no quinto e último encontro desta iniciativa celebrado na localidade de Kekavas, en Riga Reuníronse 63 participantes procedentes de 16 países europeos baixo o lema ‘Integración e cooperación’ O rexedor fixo un chamamento á unidade e ao compromiso coa paz, o progreso e os valores democráticos que definen a Europa moderna O alcalde de Padrón, Anxo Arca, participou no pasado mes de setembro no quinto e último encontro do proxecto europeo 'Reforzando a identidade europea en tempos de crise', celebrado na localidade de Kekavas, en Riga. Este evento reuniu a…
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, 14 de outubro, o decreto do alcalde número 966/2024, de data 1 de outubro de 2024, polo que se aproba inicialmente o Plan municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Padrón. Durante o plazo de vinte (20) días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación no BOP, o plan sométese ao trámite de información pública. Durante este vinte días, calquera persoa poderá examinar o documento, así coma formular as correspondentes alegacións, observacións e suxestións. Pódese consultar o texto íntegro do Plan municipal de prevención e defensa contra incendios…
O acto contou tamén coa presenza dos alcaldes de Rois, Ramón Tojo, o de Dodro, Xabier Castro, e o director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce || Contou cunha achega da Xunta de máis de 408.000 euros || O alumnado recibiu un certificado de profesionalidade e deixa plasmado o seu traballo na web 2023.terrasdeiria.com || O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén Docampo, clausuraron esta mañá o obradoiro de emprego Terras de Iria 2023, no que 15 mozos e mozas de Rois, Padrón e Dodro…
A cita terá lugar o sábado 5 de outubro a partir das 16:00 horas no paseo do Espolón Poderá participar a cativada entre os 3 e os 12 anos acompañados por unha persoa adulta A inscrición ten un custo simbólico de 1 euro por participante, que será doado integramente á Asociación Art for Dent, e habilitarase unha Fila 0 para doazóns voluntarias O Concello de Padrón organiza o sábado 5 de outubro a carreira de obstáculos solidaria Gladiator Kids, unha actividade non competitiva que terá lugar no paseo do Espolón a partir das 16:00 horas. O evento, que está dirixido…