Novas recentes

Pavimentaron as prazas do Cruceiro e a de Pepe Domingo Castaño // Dez persoas formáronse en operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e outras dez, en atención sociosanitaria // Anxo Arca entregou os diplomas e certificados xunto con Gonzalo Trenor e os alcaldes de Rois e Dodro // O alcalde de Padrón, Anxo Arca, presidiu esta mañá a clausura oficial do obradoiro de emprego Comarca do Sar 2022, no que se formaron vinte persoas de Padrón, Rois e Dodro nas modalidades de auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. No…
O goberno padronés facilitou o cambio de fiestras, arranxou a imaxe exterior co pintando de toda a fachada e acondicionou o patio || A mestra responsable do centro, Sara Costa, agradece estas axudas que redundan na seguridade así como na calidade educativa e do tempo de lecer do seu alumnado ||     A Escola de Educación Infantil ‘Pontecesures’, en A Ponte, iniciou este novo curso 2023-24 cunha imaxe moi renovada. A colaboración do Concello de Padrón e de Finsa fixo posible que este centro de apenas seis alumnos e alumnas solucionase algunhas das carencias que afectaban tanto ao interior…
A concelleira Mariló Saco participou e directivos de AMIPA participaron nesta primeira sesión || A obra de lectura fácil ‘Marcus Marc y la ruta del cacao’ será a primeira que se comentará este curso || O proxecto Libros Viaxeiros, da Oficina Municipal de Padrón, iniciou unha nova andaina este mércores 27 de setembro cunha actividade centrada no cacao e o comercio xusto, que tiña como obxectivo facer un achegamento á temática da primeira novela que se vai comentar. Trátase da obra de lectura fácil Marcus Marc y la ruta del cacao, de Nuria Martí Constans, publicada pola editorial Adapta. Coa…
29 de setembro de 2023 || Faise pública a resolución da alcaldía pola que se anuncian as contratacións do alumnado-traballador e do persoal docente e administrativo do obradoiro de emprego Xuventude Terras de Iria. A listaxe de contratacións pode consultarse no arquivo adxunto. Contratación do alumnado-traballador e do persoal docente e administrativo.  28 de setembro de 2023  || Fanse públicas as puntuacións totais definitivas das persoas candidatas a alumnado, persoal director, docente e administrativo do obradoiro de emprego de garantía xuvenil Terras de Iria. Os documentos poden consultarse nos seguintes arquivos: Puntuación definitiva alumnado Puntuación definitiva persoal director/a Puntuación definitiva titor/a…
Anxo Arca: “Foi o altofalante de maior alcance que tivo Padrón no último século. Hoxe amosámoslle o noso aprecio e o noso cariño”  ||   Susé Castaño comezou a súa intervención imitando ao seu irmán: “Hola, Hola. Aquí comienza... tiempo en el cielo”  ||   Alfonso Rueda: “Era un dos nosos. Non se foi, sigue aquí e cada vez que alguén veña a esta praza acordarase del”  ||   “Hola, Hola. Aquí comienza... tiempo en el cielo”. Así comezou a súa intervención Susé Castaño durante o acto de homenaxe que o Concello de Padrón lle rendeu esta mañá ao recoñecido xornalista Pepe…
Na praza dedicada ao xornalista convócase un brinde na súa memoria ás 13.15 horas, acto no que intervirán o o presidente da Xunta, o seu irmán Susé e o alcalde Anxo Arca || O Concello de Padrón organiza este sábado 23 de setembro unha homenaxe ao finado Pepe Domingo Castaño que se vai celebrar na praza dedicada ao coñecido xornalista a partir das 13.15 horas. No acto van intervir o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o alcalde, Anxo Arca, e Susé Castaño Solar, irmán do xornalista finado a madrugada do pasado domingo. A homenaxe vaise celebrar na praza Pepe Domingo…
As bandeiras dos edificios públicos xa ondean a media hasta  ||     O martes 19 de setembro será día de loito oficial no Concello de Padrón polo pasamento de Pepe Domingo Castaño. Así figura no decreto asinado polo alcalde, Anxo Arca, despois do acordo unánime adoptado polas tres forzas políticas da Corporación tras a celebración do pleno desta mañá, que comezou cun minuto de silencio. O acordo xa se fai visible coas bandeiras dos edificios públicos municipais ondeando a media hasta. Pepe Domingo Castaño morreu en Madrid na madrugada deste domingo 17 de setembro aos 80 anos de idade.…
O alcalde padronés liderou a delegación que se desprazou á vila mariñeira para participar no Día de Padrón || Recordou os vínculos históricos entre ámbolos pobos, “berces culturais que fixeron e fan país” ||  O alcalde de Padrón, Anxo Arca, recordou este martes 12 de setembro en Rianxo a irmandade histórica entre ámbolos municipios e incidiu tamén en que os dous pobos comparten unha razón de ser como “berces culturais, que fixeron e fan país”. O rexedor encabezou a delegación padronesa que participou nos distintos actos cos que Rianxo celebrou o Día de Padrón no marco das festas na honra…
O programa de envellecemento activo para maiores de 50 anos propón máis de 20 actividades saudables, lúdicas e formativas ||  Viaxes culturais, conferencias, obradoiros e voluntariado complementan a programación ||  A matrícula abre o 15 de setembro para as persoas empadroadas en Padrón e o día 25 para a veciñanza da comarca ||  As clases comezan o 16 de outubro e finalizan o 31 de maio, tanto no centro social padronés como nas parroquias rurais ||  As Aulas Sénior de Padrón, que promoven un envellecemento activo, encaran o comezo do novo curso cunha renovada programación de actividades saudables, culturais e…
A primeira quenda é para as persoas empadroadas en Padrón ||  Ofértanse ata 15 disciplinas coas novidades de ciclismo e de trail, para menores, e a escola de espalda para persoas adultas ||  O curso comeza o 25 de setembro || O Concello de Padrón pon en marcha unha ampla oferta deportiva para o curso 2023-24 das Escolas deportivas municipais así como de actividades físico-deportivas para persoas adultas. Ambas comezarán a súa andaina o 25 de setembro co remate previsto para o 20 de xuño. Ciclismo e trail son as novidades este curso para menores de idade, mentres que para…
Páxina 14 de 65

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…