Novas recentes
A novena edición celebrou o irmandamento entre os concellos de Padrón e Vedra, fortalecendo os lazos culturais e naturais entre as dúas localidades O certame contou cun amplo programa de actividades, desde obradoiros e demostracións ata visitas guiadas O evento recoñeceu as mellores camelias de Galicia nas categorías de orixe galega, camelia xapónica, reticulata, híbrida, e outras especies, poñendo en valor o traballo de cultivadores e expertos de todo o país O Convento do Carme de Padrón converteuse esta fin de semana nun punto de encontro para amantes da natureza e da arte floral coa celebración da IX Exposición da…
As familias poderán presentar a súa solicitude de forma presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal O periodo conclúe o 11 de abril O Concello de Padrón informa de que o prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o curso 2025/26 permanecerá aberto entre mañá martes día 1 e ata o venres 11 de abril. As familias interesadas poderán presentar a súa solicitude de forma presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal (sede.padron.gal). Para formalizar a solicitude, é imprescindible cubrir o formulario oficial dispoñible na sede electrónica…
O alcalde Anxo Arca e a concelleira de Turismo, Chus Campos, reuníronse coa directora da organización, Noelia Guzmán O encontro serviu para intercambiar información sobre os recursos que caracterizan á vila e as ferramentas de dinamización turística, social e económica que ofrece a rede Padrón recibiu este xoves 27 de marzo a visita oficial da cúpula directiva da Rede de Pobos Máxicos de España, a organización que promove localidades únicas e de grande valor patrimonial, cultural e natural. Durante o encontro, no que participaron o alcalde Anxo Arca, a concelleira de Turismo Chus Campos, e o técnico de Turismo Alberto…
A cita dobra o número de participantes con respecto á pasada edición O alumnado do CEIP Rosalía de Castro amosará por primeira vez os seus exemplares A entrada é libre e gratuíta para todas as actividades e os talleres non requiren inscrición previa A inauguración será o sábado ás 13.00 horas e inclúe un acto de irmandamento coa Exposición da Camelia do Concello de Vedra Haberá unha mostra de produtos de xoiería e cosmética elaborados con camelias e orquídeas Padrón celebra o sábado 29 e o domingo 30 de marzo a IX Exposición da Camelia e do Bonsái, un…
A praza de Macías acolle o sábado 19 de abril, ás 21:00 horas, a inauguración das celebracións coa tiktoker Sara Seco como presentadora París de Noia, Panorama e Olympus lideran o cartel de actuacións xunto as orquestras locais Unión y Fuerza, Charleston, Atenas e Dúo Máster Ricky Galende, A Banda da Loba e o Tributo a El Canto del Loco son outros dos pratos fortes da Pascua 2025 A música será unha vez máis a gran protagonista converténdose no eixo central das festas entre o 11 e o 27 de abril O Concello aposta pola presenza femenina e o talento…
A actividade responde á colaboración intermunicipal entre ambos concellos O grupo descubriu algúns dos lugares máis emblemáticos da vila mediante unha visita guiada polo técnico de turismo Alberto Rey Durante tres días, Padrón acolleu a visita de 400 persoas integrantes do programa Redondela viaxa, unha iniciativa promovida polo Concello de Redondela a través da Concellería de Maiores. Os participantes tiveron a oportunidade de descubrir algúns dos lugares máis emblemáticos da vila mediante unha visita guiada polo técnico de turismo, Alberto Rey. Entre os enclaves destacados do percorrido atopáronse a Fundación Camilo José Cela, o Convento de Herbón xunto a outros…
O material facilitado pola AGASP mellorará a capacidade de resposta en situacións de emerxencia O equipo de Protección Civil do Concello de Padrón recibiu un kit de ferramenta eléctrica entregado pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), no marco da Orde do 22 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. Esta orde establece as bases para a adxudicación de subvencións a concellos de menos de 50.000 habitantes para a dotación de equipos de emerxencias. O novo material mellorará a capacidade de resposta do equipo de Protección Civil en situacións…
O alcalde Anxo Arca, acompañado da concelleira Laura Horta, deu a benvida á delegación e explicou aos mozos e mozas o funcionamento do Concello e a historia da vila Trátase da terceira viaxe que persoas desta rexión nipoa realizan á vila rosaliana desde a firma do acordo de amizade entre ambas localidades Padrón recibiu a visita dun grupo de estudantes xaponeses procedentes da prefectura de Wakayama, que chegaron ao municipio no marco do irmandamento entre Padrón e Shingu. Trátase da terceira viaxe que persoas desta rexión xaponesa realizan á vila rosaliana desde a firma do acordo de amizade entre…
O proxecto contempla unha nova oficina de turismo con espazo polivalente para peregrinos, showcooking e exposicións, ademais de melloras estruturais na praza O Concello traballa para conseguir financiamento e levar a cabo a renovación integral deste espazo clave para a economía local O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, amosou o seu interese e valorou positivamente a iniciativa O Concello de Padrón continúa avanzando no seu proxecto de rehabilitación da Praza de Abastos, unha actuación estratéxica que permitirá revitalizar este espazo emblemático combinando a súa esencia tradicional cunha oferta turística e gastronómica moderna e atractiva. O obxectivo principal é…
A proposta será presentada no Pleno que se celebrará o xoves 27 de marzo A medida, que responde á Lei de Memoria Democrática, inclúe a devolución da Medalla de Ouro e un rexeitamento ao réxime franquista “É un acto de xustiza e reparación necesario”, subliña o alcalde Anxo Arca O goberno municipal levará ao próximo Pleno do Concello, que se celebra o xoves 27 de marzo, a proposta para a retirada das honras e distincións concedidas ao ditador Francisco Franco como parte do compromiso coas obrigas establecidas na Lei 20/2022, de Memoria Democrática. A decisión chega tras a confirmación dun…
Galego
Español



