Novas recentes
Numeroso público presenciou na praza de Macías as acrobacias de Asacocirco || As actuacións musicais de Upsala e Turdión foron moi aplaudidas, ao igual que a loita de cabaleiros e o espectáculo ‘Errantes’ do sábado || O espectáculo de lume de Asacocirco púxolle onte o colofón á décimo sexta edición da Feira Medieval de Padrón, que encheu as rúas do casco histórico de milleiros de veciños e visitantes que gozaron dos numerosos espectáculos programados. As actuacións de música medieval, a loita de cabaleiros e os paseos en tren foron outros dos atractivos do evento, que contou con máis de…
Máis de setenta postos de artesanía enchen de colorido e unha variada oferta as rúas do casco histórico || Turdión ofrece un concerto sobre escenario e participou nos pasarrúas con Upsala || O corpo a corpo de cabaleiros foi un dos atractivos da xornada, xunto co paseo en tren polo casco histórico || O alcalde e membros do goberno local fixeron esta mañá un percorrido polo mercado || A loita de cabaleiros para defender a súa honra, con vistosas armaduras e grandes espadas, as acrobacias sobre a bola xigante percorrendo as rúas e a música de Upsala e Turdión, así como o…
O ministro de Sanidade, José Miñones; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a subdelegada, María Rivas, visitaron a feira acompañados polo alcalde e membros do goberno local || Os visitantes teñen a súa disposición un fotocall na praza de Macías para levar un recordo || A Feira Medieval volve encher de colorido e múltiples actividades as rúas de Padrón. Os pasarrúas musicais de Upsala, os obradoiros de oficios e a apertura do mercado con numerosos postos de artesanía marcaron o inicio desta décimo sexta edición, que contou coa visita do ministro de Sanidade, que percorreu a feira despois…
José Miñoñes asegura que a iniciativa do Goberno central estenderase a 1.600 puntos do Camiño ao seu paso por Galicia || O alcalde agradece a visita das autoridades para presentar unha medida “que axuda a solucionar necesidades reais da sociedade” || A campaña responde ao aumento da presenza de mulleres no Camiño, que xa superan aos homes || O Goberno pon a disposición das peregrinas en Galicia 20.000 carteis e 32.000 cartóns en tres idiomas coa información de emerxencia e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como da aplicación AlertCops || O alcalde de Padrón, Anxo Arca, agradeceu ao ministro de…
O rexedor padronés cobrará menos que o seu predecesor // Chus Campos, Ana Castro e José Luis Mariño serán membros da Xunta de Goberno Local e tenentes de alcalde // Aprobada a creación dunha praza de persoal eventual como xefa de gabinete da alcaldía // Os plenos pasan a celebrarse o último xoves de cada mes ás 20.00 horas // A Corporación de Padrón aprobou no pleno de organización desta mañá asignar as dúas dedicacións exclusivas do equipo de goberno ao alcalde, Anxo Arca, e ao concelleiro de Deportes, Mercado e Praza de abastos, José Luis Mariño. As catro concelleiras…
O Concello de Padrón recibirá unha subvención de 10.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento de persoal técnico en animación sociocultural durante o ano 2023. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o mércores 5 de xullo a resolución definitiva pola cal se concede este importe ao Concello de Padrón ao abeiro do Programa FO206: Programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para financiar gastos de persoal técnico nos servizos municipais de cultura en 2023. Podes consultar a resolución do BOP nesta ligazón.
O mestre e solista inglés fixo vibrar o venres co seu bombardino ao público presente no paseo do Espolón || Jesús Fernández, que se xubila en outubro, comezou a tocar na Banda de Padrón e foi o primeiro galego en formar parte da Sinfónica Municipal de Madrid || Como homenaxe ao percusionista de Dodro, a agrupación dirixida por Jan Cober estreou o pasodobre ‘Jefper’ || O alcalde Anxo Arca entregoulle agasallos aos protagonistas dos dous concertos || Padrón converteuse esta fin de semana en epicentro da música de banda con dous concertos que fan historia na vila. O venres, o solista inglés…
O goberno local amosou a súa preocupación polo aumento do discurso de odio na lectura do manifesto institucional // Comprométese a impulsar políticas locais de diversidade encamiñadas á eliminación da LGTBIfobia e a fomentar que todas as persoas poidan vivir sen medos e en liberdade // O rexedor estivo acompañado polas concelleiras Chus Campos, Mariló Saco, e Laura Horta e polo concelleiro Luis Mariño // O concerto de tributo a Queen puxo o colofón aos actos do Día do Orgullo LGTBI+ // O alcalde de Padrón, Anxo Arca, comprométese a impulsar políticas locais que eliminen a LGTBIfobia e a…
Haberá contacontos, torneos de loita e o domingo un espectáculo de lume na praza de Macías || O venres están programadas dúas visitas guiadas, a trobadoresca e a da Traslatio || O Concello de Padrón recupera a Feira Medieval, que do 7 ao 9 de xullo encherá o casco histórico da vila con actuacións musicais, de loitas corpo a corpo, obradoiros de oficios para todas as idades e un espectáculo de lume. Máis de 70 postos animarán o mercado medieval, que se poderá visitar dende as sete da tarde do venres ata a medianoite; o sábado de 11.00 a 14.00 e…
O festival acolle a xornada de portas abertas, con ata vinte actividades, entre as 11.00 horas e a medianoite na Horta, na Casa-Museo e no auditorio // O alcalde de Padrón, Anxo Arca, subliña o carácter “transversal” do programa e afirma que a cita supón “un dos grandes eventos culturais que se celebran no noso municipio” // A Fundación Rosalía de Castro de Padrón celebra o vindeiro 15 de xullo o festival ‘Abride a Fiestra’ coincidindo co 138 aniversario do pasamento da autora galega. O programa desta quinta edición inclúe diferentes manifestacións culturais da man de artistas como…