Novas recentes
Nas súas intervencións fixeron mención a colaboración de ambos concellos en materia de vivenda e de turismo e mobilidade sostible || O rexedor padronés resalta que por primeira vez nun século unha muller deseño o cartel das Festas de Pascua || A alcaldesa compostelá amosou o seu apoio ás dúas concelleiras que sufriron ataques machistas nas redes sociais || Padrón e Compostela volven reforzar os lazos de amizade durante o Día de Santiago nas festas de Pascua || A necesidade de manter o diálogo e o entendemento na política marcaron este luns de Pascua o Día de Santiago…
Grande ambiente no Campo da Barca con animais e tratantes procedentes de Galicia, Asturias, Castela e León e do país luso || Nos concursos morfolóxicos participaron 72 exemplares de 13 ganderías galegas || Na proba puntuable para a Copa Galicia competiron 14 cabalos e eguas de pura raza galega || Nenas e nenos, un de tan só tres anos, presentaron os ponis, alentando o relevo xeracional e o futuro da feira || O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Chus Campos participaron na entrega de trofeos || Concorridos pasarrúas dos Xigantes e Cabezudos co grupo Arreixeira, da Banda de Padrón…
“Que a Pascua nos axude a minimizar os defectos e a maximizar as virtudes dos que nos rodean”, afirmou o xornalista, que tivo moi presentes na súa intervención o deporte e as redes sociais || O alcalde animou a veciñanza e visitantes a gozar “das festas con sentidiño” e volveu reafirmar o compromiso do Concello de Padrón coa igualdade e o talento feminino || Cheo na praza de Macías para escoitar o pregón que marca o inicio duns festexos que continuarán ata o domingo de Pascuilla || Nunha intensa xornada tamén se celebrou a XLV Carreira de Pascua, a…
400 persoas competiron na proba absoluta e outras 300 nas diferentes categorías escolares || O Club Atletismo Sar revalida o título como club con maior participación || Martina López Gestal e Martín Lestido foron os mellores padroneses na proba, e Fernando Sainz o máis veterano, con 76 anos || Padrón encheuse esta mañá de afeccionados ao atletismo para aplaudir aos 700 corredores e corredoras que participaron na XLV Carreira de Pascua en todas as categorías. Os gañadores da proba absoluta foron Emma Méndez Martínez (46:38), da Escuela Atlética Lucense, e Iñaki Pena-Manso Carral (43:43). A mellor atleta padronesa…
O Ministerio de Transportes investirá 3 millóns de euros para transformar a travesía nunha zona máis segura, con espazos para peóns, carril bici, zonas verdes e mobiliario urbano || O delegado do Goberno confirmou que xa se está redactando o proxecto, cumprindo unha demanda do goberno local || “A mellora da N-550 é unha reivindicación histórica de Padrón, sobre todo na Ponte, e agora xa vimos os planos dunha obra que nos permitirá dar un paso de xigante”, asegura o alcalde || Pedro Blanco anunciou que nas vindeiras semanas comezarán os traballos para mellorar o asfalto nesta estrada nacional ||…
O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 15 de xullo de 2026 O Concello de Padrón convoca a XXXVI edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, un certame de referencia no panorama literario nacional que se celebra ininterrompidamente desde 1989 en homenaxe permanente ao escritor padronés, Premio Nobel de Literatura. O concurso está dotado cun premio de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa para a obra gañadora. Os relatos deberán ser orixinais, inéditos e escritos en galego ou castelán, cunha extensión de 12 a 25 folios, mecanografados ou escritos en formato word a dobre…
O alcalde de Padrón propón completar o irmandamento entre os tres concellos para reforzar a divulgación desta especie emblemática O acto incluíu unha emotiva homenaxe ao coleccionista Ramón Abalo, referente no cultivo desta especie A mostra celebrou o seu décimo aniversario consolidada como cita de referencia no calendario botánico e cultural galego O Convento do Carme acolleu esta fin de semana a X Exposición da Camelia e do Bonsái, unha cita que celebra a súa primeira década de vida consolidada como un dos eventos máis representativos do calendario botánico e cultural de Galicia. A mostra, que reuniu arredor de 70…
A música será un ano máis a gran protagonista e eixe central duns festexos que se celebran do 27 de marzo ao 12 de abril 9Louro actuará o domingo de Pascua ás 21.00 horas e Nueva Línea, o venres de Pascuilla ás 23.30 París de Noia, Panorama, Olympus, Los Satélites e La Fórmula lideran o cartel de actuacións xunto ás orquestras locais Unión y Fuerza, Charleston, e os grupos Máster, Atenas e UF75 A programación está pensada para todos os gustos e idades, incluíndo noites dedicadas á mocidade con DJs e tamén citas coa música clásica da man das tradicionais…
O 27 de marzo comezarán as Festas de Pascua de Padrón 2026 coa apertura das atraccións das Pascua. O programa completo das festas é o seguinte: 27 de marzo. Venres 17.00h Apertura das atraccións das Festas de Pascua. 28 de marzo. sábado 09.00h XXXVII Raid Cabalar Pascua 2026. Proba puntuable para o Campionato Galego. Probas de 40km, 60km e 80km. Percorrerá os montes de Dodro, Padrón e Rois con saída no Monte Santiaguiño. Do 29 de marzo ata o sábado 4 de abril 10.00h Campionato de Tenis de Pascua 2026. Categorías absoluta, júnior, local e veterana. As finais celebraranse o sábado 4 de…
A moza de Estramundi representa os cabaliños de Hernaiz, “como forma de volver á memoria colectiva e tamén á propia” O alcalde e a concelleira de Festexos presentan o cartel dunhas festas que abren a temporada das grandes celebracións galegas París de Noia, Panorama, La Fórmula e Olympus lideran o cartel de actuacións, xunto coas orquestras locais Unión y Fuerza e Charleston Os concertos do muradán 9Louro, Nueva Línea, Assia e DJ Matrek Show son os pratos fortes da programación musical A Feira Cabalar, o Festival de Bandas e as actuacións dos grupos folclóricos locais completan un programa para…
Galego
Español



