Novas recentes

A actuación realizarase grazas a unha subvención de 79.938,01€ dos fondos NextGenerationEU da Unión Europea O Concello de Padrón está a executar actualmente as obras de reparación e posta en funcionamento dos depósitos de auga de Arretén, unhas instalacións que levan case vinte anos avariadas e en desuso tras quedar seriamente danadas polas riadas do ano 2006. Durante todo este tempo, estas infraestruturas permaneceron sen funcionamento, o que obrigou ao sistema municipal de abastecemento a depender en maior medida de captacións externas. Coa actuación que se está a levar a cabo, o Concello pretende recuperar unha infraestrutura propia que resulta…
A décima edición reunirá o 21 e o 22 de marzo 70 expositores chegados desde toda Galicia  ||  A inauguración será o sábado ás 13.00 horas, e inclúe unha homenaxe ao gran coleccionista de Rois Ramón Abalo  ||  O certame conta cun amplo programa de actividades de balde, desde obradoiros e visitas guiadas ata un escape room para a rapazada   O Convento do Carme de Padrón acollerá a fin de semana do 21 e 22 de marzo a X Exposición da Camelia e do Bonsái, un evento que chega ao seu décimo aniversario consolidado como unha das citas máis destacadas do…
Mariló Saco reafirma o compromiso do Concello coa erradicación da violencia machista, a promoción da igualdade laboral, a educación en valores e a visibilización do papel das mulleres  ||   Lola Paz, Amparo Acosta, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa López, Verónica Blanco e Eneida León recolleron o galardón Rumorosas 2026  ||   Alcalde e subdelegado do Goberno presiden a entrega de galardóns nunha gala organizada en colaboración con CIM Terras de Iria  ||     O Concello de Padrón reafirmou hoxe o “compromiso firme e innegociable coa igualdade real e efectiva” durante o acto institucional do Día Internacional da…
A proba celebrarase o sábado 4 de abril con saída dende a praza de Macías a partir das 10.30 horas O prazo para anotarse remata o mércores 1 de abril ás 23.59 horas A inscrición é de balde nas categorías escolares e de 7 euros na proba absoluta O Concello de Padrón abriu o prazo de inscrición para participar na XLV Carreira Popular de Pascua, que se celebrará o sábado 4 de abril e que volverá converter a vila nun punto de encontro para centos de atletas de todas as idades. A cita, xa plenamente consolidada no calendario deportivo galego…
A programación desenvolverase os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de marzo combinando divulgación, natureza e experiencias sensoriais Seis establecementos da vila ofrecerán propostas gastronómicas especiais durante as xornadas   Padrón acollerá os días 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de marzo a duodécima edición das Xornadas Gastronómicas da Lamprea, unha cita xa consolidada no calendario padronés que pon en valor este produto emblemático do río Ulla desde unha perspectiva gastronómica, cultural e medioambiental. Durante dúas fins de semana, o programa combinará actividades divulgativas, roteiros interpretativos e experiencias inmersivas pensadas maioritariamente para o público familiar, co obxectivo…
A iniciativa, impulsada xunto ao CIM Terras de Iria, pon en valor a traxectoria de oito veciñas que son referentes en sectores como a ciencia, o deporte, a empresa ou o voluntariado Nesta edición as protagonistas son Lola Paz, Amparo Acosta, Anabel Rivas, Carmen Osorio, Catalina Pereira, María Teresa López, Verónica Blanco Abad e Eneida León   O Concello de Padrón, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM) Terras de Iria, conmemora o Día Internacional da Muller coa presentación de Rumorosas 2026. Esta iniciativa institucional busca visibilizar e recoñecer o papel fundamental de mulleres que, co seu esforzo…
O Concello organiza o día 23 unha xornada institucional que inclúe a lectura de poemas por parte do alumnado dos institutos locais e a tradicional alborada A hostalaría padronesa volve ser protagonista coas iniciativas ‘Caldo de Gloria’ e ‘Café con Verso’, implicando a preto dunha vintena de establecementos   O Concello de Padrón desenvolverá o vindeiro 23 de febreiro unha programación especial con motivo do Día de Rosalía, unha cita sinalada no calendario cultural galego que converterá a vila nun espazo de encontro arredor da poesía, a música e a tradición gastronómica. A xornada en Padrón comezará ás 10.00 horas…
Alcalde e equipo de goberno reuníronse con representantes do GES, Policía Local e departamento de obras para coordinar as actuacións  ||   “Arranxaremos os danos o antes posible”, sinala Anxo Arca, que agradece a implicación do persoal municipal e a comprensión da veciñanza  ||   O alcalde de Padrón, Anxo Arca, convocou este martes unha reunión extraordinaria do Goberno Municipal con representantes da Policía Local, GES e do departamento municipal de obras para establecer “un plan de traballo que permita reparar canto antes os danos causados polos sucesivos temporais das últimas semanas”. Sobre a mesa estiveron a reposición de múltiples…
A UTE formada polas empresas padronesa e madrileña presentou a oferta máis baixa e un prazo de execución de 6 meses  ||   A Xunta de Goberno Local ratificará o vindeiro martes a proposta que fixo hoxe a mesa de contratación  ||   Cinco firmas presentáronse á licitación promovida polo Concello  ||     A UTE formada pola empresa padronesa Elite e a madrileña Consvial será a encargada da reforma integral da escola infantil de Padrón, segundo o acordo que hoxe tomou a mesa de contratación, que adxudicou a obra a esta unión temporal de empresas de entre as cinco que se…
O galardón recoñece a interpretación a actriz no espectáculo ‘Serie Clopen’, coprodución do Centro Dramático Galego e a compañía Pista Catro  ||   O xurado, presidido polo alcalde Anxo Arca, destaca as súas habilidades actorais, nomeadamente no ámbito do novo circo  ||     Natalia Outeiro Romay, coñecida como Pajarito, foi recoñecida co XXV Premio de Intepretación Teatral Maruxa Villanueva, galardón outorgado polo Concello de Padrón, en recoñecemento pola súa interpretación no espectáculo Serie Clopen, coprodución do Centro Dramático Galego e a compañía Pista Catro. O xurado, reunido o 10 de febreiro, ademais de polo alcalde, estivo formado por Inma López Silva,…
Páxina 7 de 89

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…