Novas recentes
O ciclista do equipo Kern Pharma gaña ao esprint tras unha xornada de alta esixencia deportiva Javier Cubillas (Movistar) e Jesús Herrada (Burgos) completaron o podio O alcalde, Anxo Arca, deu a saída oficial e participou na entrega de premios xunto a membros da corporación municipal O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros Chus Campos e Luis Mariño, participou activamente na 63ª Clásica de Pascua, sendo o encargado de dar a saída oficial da proba coa tradicional corta de cinta e formando parte posteriormente da entrega de premios aos gañadores. O Concello de Padrón valora moi positivamente esta…
O acto organizado polo Concello de Padrón celebrarase o martes 14 de abril ás 18.00 horas no Auditorio Municipal O Concello de Padrón celebrará o vindeiro martes 14 de abril a terceira edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, unha iniciativa institucional creada para honrar ás vítimas da represión franquista e reivindicar os valores de liberdade, xustiza e memoria histórica. O acto terá lugar ás 18.00 horas no Auditorio Municipal de Padrón e incluirá unha homenaxe a Manuel Agrasar Cajaraville, coñecido como O Barbarroxa, guerrilleiro antifranquista nado en Padrón arredor do ano 1912 e falecido en Loureiro (Luou, Teo) o…
O Concello de Padrón informa da apertura do prazo para solicitar a reserva de praza na Escola Infantil municipal para o curso 2026-2027, que permanecerá aberto do 9 ao 18 de abril. As persoas interesadas deberán presentar o formulario de solicitude xunto coa documentación complementaria requirida. A tramitación poderá realizarse de xeito presencial no Rexistro do Concello de Padrón, preferentemente a través do departamento de Servizos Sociais, ou ben de forma telemática a través da sede electrónica municipal, nesta ligazón. No que respecta á documentación, será necesario achegar a acreditación da situación familiar mediante o libro de familia ou documento…
Nas súas intervencións fixeron mención a colaboración de ambos concellos en materia de vivenda e de turismo e mobilidade sostible || O rexedor padronés resalta que por primeira vez nun século unha muller deseño o cartel das Festas de Pascua || A alcaldesa compostelá amosou o seu apoio ás dúas concelleiras que sufriron ataques machistas nas redes sociais || Padrón e Compostela volven reforzar os lazos de amizade durante o Día de Santiago nas festas de Pascua || A necesidade de manter o diálogo e o entendemento na política marcaron este luns de Pascua o Día de Santiago…
Grande ambiente no Campo da Barca con animais e tratantes procedentes de Galicia, Asturias, Castela e León e do país luso || Nos concursos morfolóxicos participaron 72 exemplares de 13 ganderías galegas || Na proba puntuable para a Copa Galicia competiron 14 cabalos e eguas de pura raza galega || Nenas e nenos, un de tan só tres anos, presentaron os ponis, alentando o relevo xeracional e o futuro da feira || O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Chus Campos participaron na entrega de trofeos || Concorridos pasarrúas dos Xigantes e Cabezudos co grupo Arreixeira, da Banda de Padrón…
“Que a Pascua nos axude a minimizar os defectos e a maximizar as virtudes dos que nos rodean”, afirmou o xornalista, que tivo moi presentes na súa intervención o deporte e as redes sociais || O alcalde animou a veciñanza e visitantes a gozar “das festas con sentidiño” e volveu reafirmar o compromiso do Concello de Padrón coa igualdade e o talento feminino || Cheo na praza de Macías para escoitar o pregón que marca o inicio duns festexos que continuarán ata o domingo de Pascuilla || Nunha intensa xornada tamén se celebrou a XLV Carreira de Pascua, a…
400 persoas competiron na proba absoluta e outras 300 nas diferentes categorías escolares || O Club Atletismo Sar revalida o título como club con maior participación || Martina López Gestal e Martín Lestido foron os mellores padroneses na proba, e Fernando Sainz o máis veterano, con 76 anos || Padrón encheuse esta mañá de afeccionados ao atletismo para aplaudir aos 700 corredores e corredoras que participaron na XLV Carreira de Pascua en todas as categorías. Os gañadores da proba absoluta foron Emma Méndez Martínez (46:38), da Escuela Atlética Lucense, e Iñaki Pena-Manso Carral (43:43). A mellor atleta padronesa…
O Ministerio de Transportes investirá 3 millóns de euros para transformar a travesía nunha zona máis segura, con espazos para peóns, carril bici, zonas verdes e mobiliario urbano || O delegado do Goberno confirmou que xa se está redactando o proxecto, cumprindo unha demanda do goberno local || “A mellora da N-550 é unha reivindicación histórica de Padrón, sobre todo na Ponte, e agora xa vimos os planos dunha obra que nos permitirá dar un paso de xigante”, asegura o alcalde || Pedro Blanco anunciou que nas vindeiras semanas comezarán os traballos para mellorar o asfalto nesta estrada nacional ||…
O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 15 de xullo de 2026 O Concello de Padrón convoca a XXXVI edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, un certame de referencia no panorama literario nacional que se celebra ininterrompidamente desde 1989 en homenaxe permanente ao escritor padronés, Premio Nobel de Literatura. O concurso está dotado cun premio de 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa para a obra gañadora. Os relatos deberán ser orixinais, inéditos e escritos en galego ou castelán, cunha extensión de 12 a 25 folios, mecanografados ou escritos en formato word a dobre…
O alcalde de Padrón propón completar o irmandamento entre os tres concellos para reforzar a divulgación desta especie emblemática O acto incluíu unha emotiva homenaxe ao coleccionista Ramón Abalo, referente no cultivo desta especie A mostra celebrou o seu décimo aniversario consolidada como cita de referencia no calendario botánico e cultural galego O Convento do Carme acolleu esta fin de semana a X Exposición da Camelia e do Bonsái, unha cita que celebra a súa primeira década de vida consolidada como un dos eventos máis representativos do calendario botánico e cultural de Galicia. A mostra, que reuniu arredor de 70…
Galego
Español



