Novas recentes
Alcalde e concelleira entregáronlles unha figura de Sargadelos por ser os máis veteranos das 361 persoas matriculadas José Taboada, de 94 anos, mantense como alumno dende 1993 e Ramonita Vázquez, de 93, incorporouse cando se xubilou en 2023 O Concello consolida o seu liderado en Galicia polo número de asistentes a este programa de formación e lecer para persoas adultas A programación da xornada incluíu exposicións, actuacións musicais e un xantar de clausura “Sodes un exemplo de que se pode envellecer aprendendo cousas novas e facendo moitas actividades. Grazas a vós Padrón é un gran pobo”, subliñou o alcalde Anxo…
A programación inclúe unha marcha de 15 quilómetros para maiores de 6 anos e unha xincana infantil Ás 10.00 horas haberá unha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo As inscricións para participar na marcha popular realizaranse no Paseo do Espolón a partir das 10.30 horas O Concello de Padrón celebrará este sábado 6 de xuño unha nova edición do Día da Bicicleta, unha cita xa consolidada no calendario deportivo local que busca fomentar hábitos de vida saudables, ao tempo que promove a mobilidade sostible e ofrece unha alternativa de lecer para compartir en familia. A programación…
O Concello de Padrón abre do 4 ao 11 de xuño o prazo de inscrición no Concilia-Despertares 2026-2027
O servizo desenvolverase no CEIP Rosalía de Castro coincidindo co calendario escolar, entre o 9 de setembro de 2026 e o 21 de xuño de 2027 Este programa municipal de conciliación familiar e laboral oferta 30 prazas fixas e 15 ocasionais O Concello de Padrón informa da apertura do prazo de inscrición no programa Concilia-Despertares para o curso 2026-2027. Trátase dun servizo municipal dirixido a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias durante o calendario escolar, ofrecendo atención ao alumnado no CEIP Rosalía de Castro antes do inicio das clases. O servizo desenvolverase entre o 9…
O encontro reunirá máis de 350 representantes institucionais, empresas e especialistas de toda España entre os días 23 e 25 de outubro A celebración do congreso reforzará a proxección nacional de Padrón e permitirá amosar o potencial cultural, natural, gastronómico e turístico do municipio O Concello de Padrón acollerá do 23 ao 25 de outubro o VI Encontro Nacional de Pueblos Mágicos de España, unha cita que converterá a vila no centro estatal do debate arredor do desenvolvemento territorial e do turismo sostible. A candidatura padronesa foi escollida entre todas as propostas presentadas por diferentes localidades de toda España…
A iniciativa desenvolverase entre hoxe e o 30 de maio e sorteará 1.000 euros en tarxetas prepago entre as persoas participantes O Concello de Padrón, xunto ao de Rois e de Dodro participarán desde hoxe venres, 15 de maio, nunha nova edición da campaña autonómica Merca no teu Comercio, unha iniciativa impulsada pola Federación de Comercio da Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia co obxectivo de fomentar as compras no comercio de proximidade e dinamizar a actividade económica local. A campaña desenvolverase ata o 30 de maio de 2026 e levarase a cabo simultaneamente…
A vila acollerá do 18 ao 20 de maio charlas e obradoiros en diferentes locais hostaleiros para achegar a ciencia á cidadanía dun xeito ameno e participativo Nesta innovadora iniciativa falarase sobre temas de interese coma os incendios, a medicina personalizada, a realidade virtual ou os pementos de Padrón O programa inclúe actividades gratuítas para todas as idades, con talleres infantís e para adultos e divulgación sobre mulleres científicas O Concello de Padrón súmase por primeira vez ao festival internacional Pint of Science, convertendo a vila durante tres días nun punto de encontro entre ciencia e cidadanía ao transformar varios…
Música, teatro e tradición coral protagonizan unha programación aberta á veciñanza durante o mes de maio Comezará o venres 15 co espectáculo para público familiar ‘Brincadeiras da lingua’, de Migallas Teatro, e pecharase o sábado 30 co concerto de Uxía ‘Indómitas. Cancións begoñísimas’ O Festival das Letras Galegas, organizado pola Coral Polifónica Padronesa, terá lugar o sábado 16 de maio O Concello de Padrón presenta a programación das Letras Galegas 2026, unha proposta cultural diversa e participativa coa que se rende homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño Rascado, figura á que este ano se lle dedica a celebración…
O programa inclúe ximnasia de mantemento e camiñadas saudables adaptadas á poboación maior O prazo de inscrición abre o próximo mércores 13 de maio O Concello de Padrón, en colaboración con ATEGAL, pon en marcha un novo ciclo de actividades deportivas dirixidas á poboación sénior durante os meses de xuño e xullo, no marco do programa das Aulas Sénior de Padrón. A proposta está deseñada para fomentar o benestar físico e emocional das persoas maiores, ofrecendo dúas modalidades adaptadas ás súas necesidades. Por unha banda, a actividade de ximnasia de mantemento, que contará con dous grupos en horario de…
A actuación, financiada polo POS+ da Deputación da Coruña, permitiu modernizar unhas instalacións desgastadas tras máis de dúas décadas de uso A reforma incluíu a renovación do céspede artificial, así como do sistema de rego e do valado perimetral do terreo de xogo O Concello de Padrón completou a intervención con melloras nos vestiarios, incorporando un espazo específico para xogadoras O alcalde celebra que, “ás portas do seu centenario, co campo renovado, o Sar continuará facendo historia e sendo un orgullo para Padrón” Este domingo, 3 de maio, inaugurouse o novo campo de fútbol do Sar, tras a completa…
A iniciativa está dirixida a nenos e nenas de 3 a 16 anos e desenvolverase durante os meses de xullo e agosto Inclúe actividades educativas, lúdicas e saídas, favorecendo a conciliación das familias no período estival O Concello de Padrón abrirá o vindeiro luns 4 de maio o prazo de inscrición para participar no programa Concilia Verán 2026, unha iniciativa dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante o período estival. A actividade desenvolverase no CEIP Flavia e está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, cun horario de 7.45 a 15.15…
Galego
Español



