Novas recentes

A vila seguiu ateigada de xente e do mellor ambiente festivo durante o sábado e o domingo de Pascuilla A orquestra canaria Nueva Línea encheu o venres paseo do Espolón, e os grupos folclóricos locais e o Festival de Bandas ateigaron na fin de semana a praza de Macías O deporte tamén foi protagonista coa celebración dunha edición moi especial da Clásica de Pascua, que gañou Mats Wencel O alcalde, Anxo Arca, celebra que a Pascua 2026 “confirma que Padrón é quen de organizar eventos de gran nivel á altura das cidades, e entre todos fixemos posible unhas festas históricas”…
O Concello organiza un obradoiro creativo, un contacontos e unha mostra bibliográfica para fomentar a lectura entre a veciñanza As actividades desenvolveranse ao longo do mes de abril con propostas para público familiar, infantil e xuvenil   O Concello de Padrón celebra durante este mes de abril o Mes do Libro cunha programación cultural pensada para achegar a lectura á veciñanza de todas as idades, con especial atención ao público infantil, familiar e xuvenil. As actividades desenvolveranse na Biblioteca Municipal e inclúen propostas participativas e de animación lectora que buscan converter este espazo nun punto de encontro arredor dos libros.…
O ciclista do equipo Kern Pharma gaña ao esprint tras unha xornada de alta esixencia deportiva Javier Cubillas (Movistar) e Jesús Herrada (Burgos) completaron o podio O alcalde, Anxo Arca, deu a saída oficial e participou na entrega de premios xunto a membros da corporación municipal O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros Chus Campos e Luis Mariño, participou activamente na 63ª Clásica de Pascua, sendo o encargado de dar a saída oficial da proba coa tradicional corta de cinta e formando parte posteriormente da entrega de premios aos gañadores. O Concello de Padrón valora moi positivamente esta…
O acto organizado polo Concello de Padrón celebrarase o martes 14 de abril ás 18.00 horas no Auditorio Municipal O Concello de Padrón celebrará o vindeiro martes 14 de abril a terceira edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, unha iniciativa institucional creada para honrar ás vítimas da represión franquista e reivindicar os valores de liberdade, xustiza e memoria histórica. O acto terá lugar ás 18.00 horas no Auditorio Municipal de Padrón e incluirá unha homenaxe a Manuel Agrasar Cajaraville, coñecido como O Barbarroxa, guerrilleiro antifranquista nado en Padrón arredor do ano 1912 e falecido en Loureiro (Luou, Teo) o…
O Concello de Padrón informa da apertura do prazo para solicitar a reserva de praza na Escola Infantil municipal para o curso 2026-2027, que permanecerá aberto do 9 ao 18 de abril. As persoas interesadas deberán presentar o formulario de solicitude xunto coa documentación complementaria requirida. A tramitación poderá realizarse de xeito presencial no Rexistro do Concello de Padrón, preferentemente a través do departamento de Servizos Sociais, ou ben de forma telemática a través da sede electrónica municipal, nesta ligazón. No que respecta á documentación, será necesario achegar a acreditación da situación familiar mediante o libro de familia ou documento…
Nas súas intervencións fixeron mención a colaboración de ambos concellos en materia de vivenda e de turismo e mobilidade sostible  ||   O rexedor padronés resalta que por primeira vez nun século unha muller deseño o cartel das Festas de Pascua  ||   A alcaldesa compostelá amosou o seu apoio ás dúas concelleiras que sufriron ataques machistas nas redes sociais  ||   Padrón e Compostela volven reforzar os lazos de amizade durante o Día de Santiago nas festas de Pascua  ||     A necesidade de manter o diálogo e o entendemento na política marcaron este luns de Pascua o Día de Santiago…
Grande ambiente no Campo da Barca con animais e tratantes procedentes de Galicia, Asturias, Castela e León e do país luso  ||   Nos concursos morfolóxicos participaron 72 exemplares de 13 ganderías galegas  ||   Na proba puntuable para a Copa Galicia competiron 14 cabalos e eguas de pura raza galega   ||   Nenas e nenos, un de tan só tres anos, presentaron os ponis, alentando o relevo xeracional e o futuro da feira  ||   O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Chus Campos participaron na entrega de trofeos   ||   Concorridos pasarrúas dos Xigantes e Cabezudos co grupo Arreixeira, da Banda de Padrón…
“Que a Pascua nos axude a minimizar os defectos e a maximizar as virtudes dos que nos rodean”, afirmou o xornalista, que tivo moi presentes na súa intervención o deporte e as redes sociais  ||   O alcalde animou a veciñanza e visitantes a gozar “das festas con sentidiño” e volveu reafirmar o compromiso do Concello de Padrón coa igualdade e o talento feminino  ||   Cheo na praza de Macías para escoitar o pregón que marca o inicio duns festexos que continuarán ata o domingo de Pascuilla  ||   Nunha intensa xornada tamén se celebrou a XLV Carreira de Pascua, a…
400 persoas competiron na proba absoluta e outras 300 nas diferentes categorías escolares  ||   O Club Atletismo Sar revalida o título como club con maior participación  ||   Martina López Gestal e Martín Lestido foron os mellores padroneses na proba, e Fernando Sainz o máis veterano, con 76 anos  ||     Padrón encheuse esta mañá de afeccionados ao atletismo para aplaudir aos 700 corredores e corredoras que participaron na XLV Carreira de Pascua en todas as categorías. Os gañadores da proba absoluta foron Emma Méndez Martínez (46:38), da Escuela Atlética Lucense, e Iñaki Pena-Manso Carral (43:43). A mellor atleta padronesa…
O Ministerio de Transportes investirá 3 millóns de euros para transformar a travesía nunha zona máis segura, con espazos para peóns, carril bici, zonas verdes e mobiliario urbano  ||   O delegado do Goberno confirmou que xa se está redactando o proxecto, cumprindo unha demanda do goberno local  ||   “A mellora da N-550 é unha reivindicación histórica de Padrón, sobre todo na Ponte, e agora xa vimos os planos dunha obra que nos permitirá dar un paso de xigante”, asegura o alcalde  ||   Pedro Blanco anunciou que nas vindeiras semanas comezarán os traballos para mellorar o asfalto nesta estrada nacional  ||…
Páxina 2 de 86

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…