Novas recentes

Anxo Arca e Chus Campos destacan a Feira Medieval como un dos grandes escaparates turísticos e culturais do verán||    O irmandamento con Arjonilla volverá ocupar un lugar central cun xantar de confraternidade e a peregrinación conxunta ata Santiago||   Pechará a programación o espectáculo de lume Fire Dragons, que ten o récord Guinnes a laparada máis longa do mundo||     O Concello de Padrón converterá de novo o seu casco histórico nun gran escenario medieval coa celebración da Feira Medieval, que terá lugar do 3 ao 5 de xullo con máis de 90 postos. Durante tres días, veciñanza e visitantes poderán…
A programación incluirá un obradoiro de maquillaxe para todos os públicos e teatro familiar  ||   A concelleira Mariló Saco lerá o manifesto institucional ás 13.00 horas  ||     O Concello de Padrón conmemorará o vindeiro domingo 28 de xuño o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha xornada festiva, participativa e aberta a toda a cidadanía baixo o lema Padrón con orgullo. A Praza de Macías converterase durante a mañá nun espazo de encontro e celebración da diversidade a través dunha programación gratuíta pensada para persoas de todas as idades. “Dende o goberno de Padrón defendemos un concello aberto, diverso…
O alcalde, Anxo Arca, e a concelleira Chus Campos participaron na inauguración da obra, realizada polo propio artista A intervención artística contribúe a embelecer as instalacións deportivas municipais e a preservar a memoria dun dos grandes referentes da cultura galega O Concello de Padrón rendeu homenaxe esta semana a Xosé Vizoso coa inauguración dun mural na piscina municipal, unha obra realizada polo propio artista que servirá para manter vivo o legado dun dos creadores máis destacados da cultura galega contemporánea. No acto participaron o alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira Chus Campos Varela, acompañados polo alcalde de Brión,…
A iniciativa, desenvolvida en colaboración coa ONCE, enmárcase nas accións de mellora vinculadas á Q de Calidade Turística da Oficina de Turismo Os 500 exemplares estarán dispoñibles para as persoas visitantes na oficina municipal, e tamén en diferentes puntos de interese turístico e en aloxamentos da vila O Concello de Padrón acaba de incorporar novos planos turísticos accesibles dirixidos a persoas invidentes ou con dificultades de visión, adaptados mediante a incorporación de texto en braille e recursos de relevo táctil, unha iniciativa que busca avanzar cara a un destino máis inclusivo e accesible para todas as persoas visitantes. A actuación…
A campaña “A auga non é infinita. Consúmea con cabeza” ten como obxectivo concienciar a toda a veciñanza   O impacto do cambio climático en Galicia xa non é unha ameaza futura, senón unha realidade urxente. Basta con mirar o estado dos ríos, encoros e acuíferos para comprobar como as ondas de calor adiantadas, as secas máis longas do habitual e a irregularidade das precipitacións están a poñer en risco un recurso que sempre demos por garantido. Ante este escenario, o Concello de Padrón e Espina & Delfín poñen en marcha, un ano máis, a súa campaña de consumo responsable de…
O Goberno local adopta a medida ante a previsión dun verán con condicións meteorolóxicas que poden favorecer a propagación do lume  ||   O Concello insta tamén ás comisións de festas e aos particulares a prescindiren das bombas de palenque e doutros elementos pirotécnicos  ||   A medida aplicarase xa este sábado na chegada da Ruta Xacobea do Mar de Arousa   ||     O Concello de Padrón deixará de empregar pirotecnia durante os vindeiros meses de alto risco de incendios forestais. A decisión foi adoptada polo Executivo padronés na reunión de coordinación do goberno celebrada este xoves, tendo en conta a…
O programa desenvolverase no CEIP Rosalía de Castro os días 22, 23, 25, 26, 29 e 30 de xuño A iniciativa, gratuíta e con 50 prazas, combina conciliación familiar, creatividade e participación infantil   16 de xuño de 2026   O Concello de Padrón publica a listaxe de participantes admitidos e excluídos no campamento “A Vila do Mañá”.  A relación pode revisarse premendo no seguinte enlace e no taboleiro de anuncios do Concello.    9 de xuño de 2026   O Concello de Padrón pon en marcha este verán o campamento “A Vila do Mañá”, unha iniciativa que combina conciliación familiar e…
Instalouse unha estación de bombeo automatizada que evitará as caídas de presión que viñan padecendo nas zonas de Prada, A Picaraña ou Areal O alcalde, Anxo Arca, manifesta a súa satisfacción por ter resolto esta problemática e subliña que esta actuación “é un bo exemplo de que dende o Concello traballamos para mellorar a calidade de vida da veciñanza” O Concello impulsa novas intervencións na rede municipal   O Concello de Padrón realizou unha intervención de urxencia en Tarrío (Pazos) que consistiu na instalación dunha estación de bombeo de aceleración destinada a evitar caídas de presión na zona norte da rede municipal de abastecemento,…
Os traballos de asfaltado iniciados este martes na N-550 durarán entre tres semanas e un mes As obras no tramo padronés da N-550 e da N-550a contan cun orzamento de 500.000 euros Anxo Arca celebra “ver as máquinas xa traballando” e agradécelle ao Goberno central “cumprir co Concello de Padrón” Pedro Blanco lembra que, tras estas obras, o Ministerio de Transportes acometerá a humanización desta estrada dende A Ponte ata o centro da vila O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisaron esta mañá o inicio dos traballos de asfaltado na estrada…
Dirixido á rapazada de 6 a 15 anos, celebrarase en dúas quendas: do 22 de xuño ao 10 de xullo e do 13 ao 30 de xullo Combina as propostas deportivas e lúdicas con saídas ao Galipark, á piscina da Escravitude e ao Aquapark de Cerceda 8 de xuño de 2026 O Concello de Padrón publica as listaxes de participantes admitidos no Campus deportivo de verán 2026, tanto da primeira como da segunda quenda. Así mesmo, lembra que o custo por quenda é de 30€ por participante, 25€ para segundo/a irmán/á e 20€ para terceiro/a irmán/á e seguintes. O pago…
Páxina 3 de 89

 

PadronCaminoEDestino

Contacto

Pode contactar co Concello de Padrón a través dos seguintes medios:

  • Enderezo: Rúa Longa, 27 - 15900 Padrón
  • Teléfono: (+34) 981 810 451
  • Correo electrónico: correo@padron.gal

 

Plan Único POS+ Deputación da Coruña

Outros sitios web de interese

 
 
App Padrn removebg preview
 
Descarga a App de Turismo de Padrón.
Top

Aviso legal - Política de privacidade - Política de cookies - Máis información sobre as cookies

Ligazón temporal á antiga páxina web

Este sitio web utiliza cookies para que vostede poida ter a mellor experiencia de usuario/a. Se segue a navegar está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e da nosa Política de Cookies. Detalles…